O alumnado do Club de Lectura de Primaria elixiu e preparou durante varias sesións contos para contarlle aos máis pequenos do colexio, os de Educación Infantil. Os conta-contos eran de diferentes idades (6-10 anos) así que na elección do conto houbo que ter en conta o seu nivel de lectura.
Una vez escollidos prepararon a posta en escena, a entoación, os xestos, a velocidade lectora, etc... para que o día que o contasen o seu público comprendera e desfrutara ao máximo.
A primeira hora dos martes pola tarde, durante 20 minutos ían a Educación Infantil e 4 lectores entraban en cadansúa aula para entreter co seu relato ao grupo de pequenos. Fixémolo durante 4 martes seguidos e incluso deu tempo a que algún lector repetise a experiencia.
Os contadores mostraronse moi satisfeitos ao acabar xa que estaban nerviosos pero despois todo lles saíu ben. Os nenos de infantil prestaron moita atención xa que o feito de que fosen compañeiros resultáballes atractivo.
As mestras de infantil tamén valoraron o éxito da actividade, resaltando a motivación por parte do seu alumnado, favorecendo así a aprendizaxe da lecto-escritura e valorando e gozando dos contos.
|