As Campaíñas


Outra de medo

Sabemos que o Samaín é unha festa que gusta a nenos e maiores; por iso a primeira das exposicións bibliográficas do curso trata sobre a literatura de medo. Algúns dos títulos seleccionados son o cómic A noite de Samaín, a colección de novelas da saga Crepúsculo ou clásicos como o Don Juan Tenorio de Zorrilla.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Biblioteca - Publicado o 23-10-2010 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Novidades da Biblioteca (mes de abril), para os maiores
Relación comentada dos libros e bandas deseñadas mercadas pola Biblioteca, coa orientación do Club de Lectura. Destinados aos alumnos de Secundaria, aos profesores e aos pais.

Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Biblioteca - Publicado o 23-04-2010 01:26
# Ligazón permanente a este artigo
Visita á Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
O sábado 24 de outubro, un día moi chuvioso, fomos visitar a Biblioteca Ánxel Casal. A Biblioteca é moi bonita, cunha fachada de cristal,e moitas cores.


Está todo moi ordenado e cos libros, cómics e discos moi ben expostos. Consta de catro pisos, a planta baixa ten a prensa e a banda deseñada, namentres que o segundo é o espazo adicado a nenos e rapaces. Aí foi onde estivemos nós.

O espazo que máis nos gustou foi o curruncho dos bebés, de tal xeito que ata os máis grandes nos acubillamos alí. No fondo todos somos uns nenos.

Ás doce da mañán houbo unha sesión de conta contos a cargo dun grupo de teatro de Valga. Para os mais maiores resultou un pouco aburrida, pero para os mais pequenos foi máis entretida. Sobre todo rimos moito cunha nena moi graciosa do público.

Regresamos para a casa a 13,20. No autobús viñemos cantanto e xogando. Pasámolo ben e temos gañas de volver a esa Biblioteca tan acolledora e alegre, na que o tempo pasa sen que te enteres.


Aquí podes ver máis fotos da visita.
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Biblioteca - Publicado o 04-11-2009 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Para aprender a ler en familia
O colectivo Espazo Lectura organiza en Gondomar unha xornadas para axudar a nais e pais a fomentar o hábito lector dos fillos.


Vieiros - 16/10/2009

As xornadas ?Lendo en familia? celébranse na tarde do venres 16 e a mañá do sábado 17 en Gondomar. Un total de 60 nais e pais se inscribiron nunhas xornadas que queren ser un espazo de formación e de intercambio de experiencias para que as familias se sintan máis seguras á hora de potenciar o hábito lector dos pequenos. Os asistentes aprenderán a contar contos e a ler cos fillos e fillas; reflexionarán sobre a importancia da lectura na formación dos nenos, coñecerán que se está a publicar en literatura infantil e xuvenil e asistirán a sesións de contacontos que lles poden servir de modelo.

Todas as xornadas se poderán seguir a través de Twitter, onde irán informando puntualmente do contido das conferencias e mesas redondas. O programa ábrese coas charlas de Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, e Cristina Novoa, asesora de bibliotecas escolares da Consellaría de Educación. O sábado, Paula Carballeira impartirá unha lección de ?mañas para contar un conto?; Dolores Vilavedra e María do Cebreiro compartirán cos asistentes ?a experiencia de medrar nunha casa na que se le?, desde o punto de vista dunha nai e dunha filla; e Agustín Fernández Paz ofrecerá a conferencia de clausura. O programa completarase con sesións de contacontos a cargo de Rosana Estévez e Paula Carballeira.

Facer divertida a lectura

A aposta de Espazo Lectura por fomentar o achegamento dos máis novos aos libros é ambiciosa e de longo alento. O colectivo radicado no Val Miñor conta con 70 socios preocupados por fomentar a lectura entre os máis pequenos. Constituíuse formalmente como asociación a inicios de 2008, aínda que xa desde dous anos antes promovía o Contomar, sesións semanais de contacontos para cativos de 3 a 8 anos ás que asisten tamén as familias.

Despois crearon clubs de lectura, fixeron actividades de bookcrosing e iniciativas singulares como as noites na biblioteca, que organizaron nos últimos dous veráns, e nas que os nenos e nenas dormen na biblioteca rodeados de libros. Tamén celebran os cumprecontos, festas de aniversario con libros. En maio deste ano abriron na parroquia de Donas, en Gondomar, a Casa da Lectura: unha pequena biblioteca e centro de actividades para a que transformaron unha antiga escola infantil en desuso.
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Biblioteca - Publicado o 16-10-2009 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades da Biblioteca (1º trimestre)



Román
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Biblioteca - Publicado o 24-01-2009 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0