Tras as vacacións o Club de Lectura "As Campaíñas" retomou hoxe a súa actividade para poñer en común as lecturas feitas durante o nadal. Antes de marcharen, os/as integrantes recibiron unha
guía de lectura elaborada pola coordenadora do club, Gema, á que lle hai que sumar un
monográfico de banda deseñada confeccionado por Heladio, profesor de Ciencias Sociais e grande lector de cómics.
Ademais, o proxecto do Club de Lectura "As campaíñas" foi valorado positivamente pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación ao abeiro da
convocatoria que incentiva a creación de Clubs de Lectura en centros públicos para o curso 2008-2009.
Como vedes, xa contamos cun cartaz novo para o noso clube, deseñado por Hortensia, a nosa profesora de Educación Plástica e Visual á que aproveitamos para mandar unha aperta moi forte e moitos parabéns dende o colexio pola súa recente maternidade.