As Campaíñas


El código da Vinci, de Dan Brown
Jacques Saunière é o ultimo Gran Maestre dunha sociedade secreta. Antes de morrer, déixalle á súa neta Sophie un grande segredo en forma de clave. Coa axuda de Robert Langnon, descobre que o segreto do seu avo non só o sabía el, tamén o coñecían predecesores como Isaac Newton ou Leonardo da Vinci.


Vanessa
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 04-02-2009 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Fairy Oak, El Encanto de la Oscuridad
A II parte de Fairy Oak de Elisabetta Gnone trata da historia dunha fada chamada "Sifelizelaseradicirnoloquerera", que manda o seu currículum para poder ser ama de cría dunhas rapazas magas. A pesar de que só ten 998 anos, a mellor maga do mundo mándalle unha carta pedíndolle que fora a fada tata (ama de cría) das súas sobriñas, Pervinca e Vainilla (Vi e Babú).

Pasados 10 anos Vi esperta chorando e chea de suor como outras anteriores veces. Felí ("Sifeliztiserasdicirnoloquereras) pensaba que soñaba co Terrible 21, un mago da escuridade, o seu enimigo. Meses máis tarde, descubriron que Vi era unha maga da escuridade e podía facer cousas alucinantes.

Un día ía moito vento e as magas quixeron ir ao mar para ver as enormes ondas, así que comvenceron a Felí e foron. A néboa fíxose máis mesta e Vi perdeuse. Felí e Babu foron ao faro pero o dono do faro díxolles que non lle abría a porta porque antes viñera o Terrible 21 coa súa mesma voz. Marcharon correndo e topáronse con Vi e intentaron chegar á casa. Felí preguntoulle a Vi se cos seus poderes podía ver o faro e así dirixirse a el... pero dicia que via o faro con dúas luces mentres que o faro sempre tivera so unha. Felí abriu os ollos con moita forza e mandounas correr porque creo que podían ser os ollos do Terrible 21.


Uxiia


Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 04-02-2009 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Cabeza de Medusa , Marilar Alexandre
Este libro relata a historia de dúas rapazas que foron violadas. Unha delas quería denunciar e tiña todo o apoio de seus pais; sen embargo, a outra moza non contaba con tanto apoio dos seus e ata chegou a retirar a denuncia aínda que despois as retomou.

Este libro pareceume moi interesante porque tamén fai referencia ao maltrato psicolóxico que sufriron no colexio polo simple feito de que foron violadas.


MaYte
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 04-02-2009 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Onde o sol non adormece.
NA NOSA BIBLIOTECA


Onde o sol non adormece vai dun rapaz que está escribindo un diario da rapaza da que está namorado. Ela está cega e ten que ir a operarse ao extranxeiro. Deste xeito, volvendo atrás, vai contando a súa historia desde que eran nenos...

O libro, de momento, non me gusta porque non o entendo ben.

O seu autor é Antón Cortizas
LORENA
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 04-02-2009 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
El diario azul de Carlota, de Gemma Lienas
El diario azul de Carlota, como toda a coleccion de Gemma Lienas (Eres galáctica Carlota, El diario violeta de Carlota, Asi es la vida Carlota, El diario rojo de Carlota, etc.) é un libro que defende os dereitos humanos en temas como o machismo, o sexismo, a violencia de xénero...

Carlota decide escribir un novo diario enfocando a violencia de xénero e a violencia escolar. Coa axuda de seu irmán, da súa nai, da súa avoa e da súa tia descobre que non todo é o que parece. A súa mellor amiga recibe malos tratos da súa parella; por iso, está decidida a evitar que lle pase algo malo escribindo e denunciando toda a violencia que ve ao seu redor.


Vanesa Míguez
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 31-01-2009 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
O neno do pixama a raias
O neno do pixama a raias, de John Boyne, trata sobre un neno de 9 anos que se ten que mudar da súa casa a outra que non lle gusta e na que non ten amigos.

El non soportaba á súa irmá, e o día en que se mudaron el entrou na habitación dela mentres ela ela colocaba as súas bonecas. A súa irmá ensinoulle que pola ventá só se vían unhas cantas árbores.

Ela tamén lle dixera que por alí non había nenos e Bruno foille ensinar o que se vía pola súa ventá.

Ela achegouse e o que se vía era unha verxa de máis de 15 metros de alto e non se vía até onde chegaba, tería máis de 10km. Alí había casetas e só había varóns nenos, vellos e homes. Súa irma díxolle, daquela, que posiblemente estarían ensinando un baile porque había un home dirixindo pero seu irmán engadiu:

-Non pode ser, porque mira aquel, e aquel, e aquel... Todos están chorando!

O seu pai tiña unha habitación que non podían entrar baixo ningún concepto e sen excepcións, e Bruno achegouse á escaleira, viu ao seu pai despedirse duns señores e en canto marcharon el petou na porta (porque ó levar máis de 5 días sen velo Bruno supuxo que non lle berraría. O seu pai estaba no ordenador e explicoulle que tiña pensado ir logo a ver como estaban todos e Bruno admitiulle que non lle gustaba nada esa casa e aproveitou para preguntarlle quen eran eses homes que se vían pola súa casa. O pai respondeu:

-Soldados, Bruno.

Até o de agora non lin máis porque non me gusta moito.


Uxiia
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 27-01-2009 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
O inferno de Marta
NA NOSA BIBLIOTECA


O inferno de Marta é un libro de Pasqual Alapont que trata da vida dunha rapaza de, aproximadamente, 20 anos que o deixa co seu mozo porque el dicía que precisaban un tempo. Co paso do tempo, Marta dáse conta de que a deixara e marcha estudar á cidade. Alí comparte un piso con dúas rapazas máis: Xulia e Carme. Carme ten un mozo chamado Braulio e un día foron tomar algo e Braulio trouxo un amigo seu, Hector, do que, pouco a pouco, se namora Marta. Un día, foron a unha discoteca e as rapazas foran ao baño e quedaran por alí, xa que non atopaban ós rapaces.
Hector marchou a buscalas e ao chegar ai, dixo:

- Que facedes aqui?

A Xulia e a Carme non lles daba moi boas vibracións Hector, entón, dixo Xulia:

- Queremos sensacións fortes e ver homes de verdade!!!

Hector marchou anoxado sen dicirlles nada máis e á saída colleu a Marta polos pelos e díxolle:

- Non querías sensacións fortes, puta? Ri da montaña rusa que agora vas ver o que son os homes de verdade.

Agora déixovos coa intriga e asegúrovos que este libro se converteu no meu libro favorito no intre en que o cerrei.

Saúdos.


Uxiia
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 27-01-2009 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
O Señor dos Aneis
O Señor dos Aneis é unha novela de fantasía épica escrita por John Ronald Reuel Tolkien. O titulo orixinal desta saga é The Lord of the Rings, da que se fixeron tres peliculas dirixidas por Peter Jakcson:

LA COMUNIDAD DEL ANILLO



LAS DOS TORRES



EL RETORNO DEL REY




As tres películas son moi interesantes ao igual cós libros. Anímovos a lelos e a ver as peliculas.


Vanesa Míguez
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 22-01-2009 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
Vero en la corte de el Rey Arturo
NA NOSA BIBLIOTECA


Vero en la corte del Rey Arturo
Carlos Puerto
Edelvives, 2004


Este libro trata sobre unha rapaza que rompeu unha perna montando en bicicleta. Un día, un amigo vai visitala para traerlle un xogo de ordenador. Ela ponse a xogar ao día seguinte co amigo pero nun erro do ordenador os dous quedan atrapados no seu interior. Se queren volver á realidade, teñen que pasar o xogo mediante pistas do ordenador... pero dentro del encóntranse cunha serie de problemas porque os abotantes do xogo queren matala ao creren que é unha bruxa. Ao final ten que enfrontarse ao Rei Arturo nunha batalla de maxia impresionante. Cando por fin vencen ao Rei Arturo, volven á súa casa e, sorprendentemente, Vero xa tiña a perna curada.


Antón
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 21-01-2009 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Brisingr, de Cristopher Paolini

Brisingr é o terceiro libro de Eragon, esta intrépida triloxía de aventuras que acabará coa cuarta entrega. Eragon foi o primeiro libro que se publicou da serie e del fíxose unha pelicula estreada no nadal de 2006.






















Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 21-01-2009 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0