As Campaíñas


Tacticas de ajedrez para niños, de Murray Chandler
Este libro recolle un pouco todo o que se debe facer para xogar ben nunha partida de xadrez. É moi interesante para os rapaces e rapazas aos que lles interese o xadrez en si e, sobre todo, para os que queiran aprender nun futuro para poder chegar a ser profesionais.

















Vanesa
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 18-02-2009 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Crimen en la granja
La protagonista, Elsi, es una joven de 22 años bajita, feúcha, delgaducha, que conoce el amor a los 22 años.

Su novio Norman quiere casarse con ella pero antes deberá reunir el dinero suficiente para el ajuar por lo que decide marcharse al este y montar una granja avícola. Ahí conocerá otra joven mucho más hemosa que su novia y comienza una aventura amorosa con ella .

Elsi se ve obligada a defender su amor pero al verse sustituída por una joven mucho más hermosa comete un grave error que cambiará el rumbo de la historia.
Minette Walters es la autora de este libro.
Loli
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-02-2009 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
El perfume, de Patrick Süskind
A descrición fai sentir realmente todo aquelo que descibe. O libro trata dun rapaz que nace nun posto de peixe e que, a medida que vai crecendo, descobre que ten un olfacto distinto ao dos demais, capta os olores, sabe de onde veñen e, ademais, recordaos. Durante a súa infancia tivo moitas nodrizas...
O libro estame gustanto e impresióname a maneira que ten de describir os olores e todo o que os rodea.

























Andrea
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-02-2009 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Leyendas de Dragonlance-El Templo de Istar
La Guerra de la Lanza ha terminado y, según se cree, la oscuridad ha desaparecido. El problema es que no es asi. Un poderoso mago, Raistlin, se enfrentrará a una bella sacerdotisa, Crysania, y a su hermano, Caramon. Decide convertirse en su enemigo ya que entre los dos intentaran que Raistlin no consiga reinstaurar el reinado de las sombras en la ciudad maldita de Istar.

Sus autores, Margaret Weis & Tracy Hickman tienen su propia página web en la que hablan de esta infinita serie de más de sesenta libros:


Vanessa
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-02-2009 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Durmido sobre os espellos
O libro trata dun rapaz que ten 19 anos e pensa que o seu avó está morto. Un día, trala morte do seu tío Benxamin, a súa avoa mándao á súa casa a buscar uns papeis e descobre unha caixa con cartas do seu avó. Tamén descobre que está vivo e que a última carta é de hai 15 anos.

Diego, que así se chamaba o rapaz, decide ir a Cuba en procura do seu avó. Alí coñece unha rapaza chamada Tania e namórase dela, que é quen lle axuda a buscar ó seu avó. Cando o encontra, e tras falar con el, volve a Barcelona coa súa familia e a súa avoa entérase de que Diego fora visitar ó seu avó.

O autor deste libro é Jordi Sierra.
Noelia
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-02-2009 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
El valle de los leones, de Ken Follett

Esta semana comecei a ler El valle de los leones, de Ken Follett.

Jane descobre que o seu mozo Ellis pertence á CIA, e que por culpa del detiveron a Rhami Coskum, un amigo dela que estaba no grupo terrorista que realizara varios atentados en París. Por este motivo acepta a oportunidade de ir co seu compañeiro do hospital Jean-Pierre a Afganistán, onde axudarán á xente de Banda, un pequeno pobo que sofre os bombardeos dos rusos.

Isto é todo o que lin ata o momento. Xa o lera doutra vez, e gustoume moito.



Rocío
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-02-2009 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Donde surgen las sombras
Hxe vou comentar este libro que hai pouco que empezei e aínda non acabei pero é un libro que engancha e teño ganas de terminalo para saber como acaba.

Vai dun rapaz chamado Álex, que unha noite estaba só na súa casa xogando a un xogo de ordenador cando, de súpeto, lle apareceu un mensaxe para que entrara nunha páxina. El entrou. Nesa mesma noite o rapaz desapareceu sen avisar a ninguén. Oúnico que atoparon foi unha carta de despedida.

Os seus amigos non crian que marchara pola súa propia vontade. Puxéronse a indagar un pouco e un día, cando un dos compañeiros estaba axudando a seu pai no bar, chegoulle unha mensaxe desde o móbil do seu amigo para citalo nun sitio. O rapaz acudiu a onde o seu compañeiro lle dixera sen dicirlle nada a ninguén. Cando chegou ó sitio acordado, atacárono pero foi capaz de escapar.

Despois seguiron buscando máis probas e metéronse nos sumidoiros xa que lle parecera raro que houbera distintas tapas, pero cando estaban dentro a súa compañeira Lucía desapareceu, xa que a collera un home pero nun despiste do home foi capaz de escapar. Aí foi onde quedei pero teño moitas ganas de terminalo para saber se atopan o seu amigo.

Engancha moito. Eu recomendaríallo á xente que lle gustase libros de misterios.


Patricia
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-02-2009 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
El pequeño vampiro, de Angela Sommer-Bodenburg

El pequeño vampiro conta a historia dun rapaz que un sábado queda só na casa vendo unha película pois os seus pais saen ao cine pero cando vai coller as bebidas e a comida encóntrase con que a television foi apagada por alquén. Entón, o medo correulle por todo o corpo. Cando foi ali encontrouse cun vampiro, do que se fixo amigo

e xuntabanse todos os sabados xuntos para xogar
un día Rudiger doulle unha capa para que puidera voar e foronse xuntos a cripta donde vivia Rudiguer e ali coñeceu a sua irman que se chamaba Ana. A Ana gustaballe anton e fixeronse noivos.
Antón

Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-02-2009 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra
Tres rapaces que teñen as matemáticas suspensas reciben unha segunda oportunidade do seu profesor. O venres pola tarde propónlles un xogo no que teñen que resolver os exercicios do exame, para conseguir adiviñar quen é o seu asasino.

Jordi Sierra i Fabra retrata á perfección as dificultades que os alumnos teñen ante as matemáticas, igual que lle pasou a el.


Rocio
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 04-02-2009 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
O bosque dos raposos aforcados, de Arto Paasilinna
NA NOSA BIBLIOTECA


Arto Paasilinna

A historia comeza cando Oiva Juntunen recibe a mala noticia de que os seus compañeiros no roubo ó banco de Noruega van saír do cárcere. E por iso escapa á Laponia finlandesa, donde coñecerá a Remes, un comandante do exército finlandés, que decide tomarse un ano sabático. Tamén coñecerá a Cincocentos, un raposo que é moi listo e o quitará de algún problema. Despois de moitas peripecias, chega á cabana do outeiro de Kuopsu a koltta máis vella de toda Finlandia, Naska Mosnikoff, que vivirá con Oiva e Remes despois de escapar dos servicios sociais que a queren meter nun asilo. Durante unha das borracheiras que Remes colle cando vai a Pulju a facer a compra e vender o ouro co que viven, chama a Stickan (un amigo de Oiva)para que lle envíe a dúas prostitutas para pasar o inverno, pero tardan moito tempo porque ningunha quere ir e ademais cando chegan, o guía que as leverá ata a cabana aproveita e pasa dúas noites can elas. No bosque que hai detrás da cabana deciden poñer varias trampas para os raposos por orde de Naska, pero en vez de caír os raposos, cae o gardabosques, quen lle impón unha multa a Remes, mentres que Oiva e Naska están no calabozo que Oiva construeu para que Remes non saiba onde está agochado o ouro. Despois de que marchen as señoritas, Naska cae enferma e ós poucos días morre. Oiva e Remes deciden facerlle un enterro na Terra do Defunto Juha, pero nada é igual sen ela. Aínda así non pasa moito tempo ata que teñen a visita de Hemmo Siira, un perito mercantil que lle axudara a Oiva no roubo, para reclamar a súa parte do botín. Despois de ter o premio, marcha en dirección ó Bosque dos raposos aforcados e cae nunha trampa. Oiva e Remes entérrano do outro lado a Naska e despois deciden marchar de alí e refacer as súas vidas.

O libro engancha moito e é moi fácil de ler,e ademais riste moito.



Rocio
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 04-02-2009 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0