As Campaíñas


Purgatorio, de Marcial Martínez Bascoy


Urco Editora volve apostar polo cómic coa primeira entrega de Purgatorio, unha obra de Marcial Martínez Bascoy co que esta editorial compostelá dá continuidade á colección de banda deseñada que iniciou con Gallaecia.

Neste primeiro número, titulado "Abrindo as portas do inferno", coñecemos o protagonista, un home atormentado polos demos que o perseguen dende neno. Canso de vivir agochado por mor destas criaturas horribles, que el e mais a moza que o acompaña poden ver baixo a apariencia de persoas de carne e óso, decide saír a combatelas marcado ben de preto por un policía que lle confire ao cómic un toque de serie negra. Realidade ou ficción, este primeiro número sitúa ao lector ante a dúbida de se estará presenciando os delirios persecutorios dun personaxe esquizoide ou ante as sombras demoníacas típicas do terror máis escuro.


Purgatorio, cómic que o autor se estrea nas librarías e que verá a luz cada dous meses, volve evidenciar a audacia deste proxecto editorial ao facer unha tiraxe inicial de 2000 exemplares.

Román
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 14-04-2009 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
La sociedad de los otros, de William Nicholson
Esta é a primeira novela para adultos do polifácetico William Nicholson (editorial Salamandra, 2005). Nicholson ten destacado como guionista (Gladiator, Tierras de Penumbra), director de cine(A la luz del fuego) e autor de teatro (La retirada de Moscú).

A novela cóntanos as peripecias dun mozo inglés, sen nome, acabado de saír da Universidade, que emprende unha viaxe por Europa. Este mozo é moi particular, despreza case tódolos aspectos da súa vida cotiá, tanto a familia, coma os compañeiros e, mesmo, o seu ligue 'de mantemento'. Nada o entusiasma, é un amargado sen ilusións. Sen querer, o protagonista vese obrigado a realizar unha viaxe coas mil libras que lle dá seu pai para sacalo do seu ensimesmado mundo. Aquí comeza a aventura, cando o mozo entra nun pais de Europa do leste e se ve atrapado nunha rede terrorista que loita contra o tiránico goberno, pero tamén contra outro grupo opositor máis moderado, a sociedade dos outros, que rexeita a violencia e se organiza a través de clubs de lectura.

Cheguei ao libro a través dunhas recomendacións entusiastas doutras lectoras. Para min foi unha pequena decepción, xa que se ben houbo algúns momentos en que me atrapou o suspense, en xeral me pareceu un libro cheo de ocorrencias pseudofilosóficas, cun final tan disparatado como falso. Pódese interpretar como unha viaxe ao revés, xa que o protagonista máis que enriquecerse persoalmente saíndo do seu ambiente de burgués mal criado, aprende a valorar o que antes tiña e non estimaba. Non é unha mal novela, pero a min non me convenceu. Sei que hai moita xente á que lle entusiasmou, así que anímovos a lelo para saber a vosa opinión.


Heladio
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-04-2009 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Las aventuras del buen soldado Svejk, de Jaroslav Hasek
O escritor checo Jaroslav Hasek baseouse na súa experiencia como soldado do Imperio Austrohúngaro durante a I Guerra Mundial para escribir esta monumental obra. Tiña a intención de publicar seis volumes, pero só puido rematar tres, pois morreu antes de poder concluír a novela.
A editorial Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores publicou por vez primeira a versión íntegra traducida directamente do checo. Eu cheguei a ela a través dunha da serie de televisión do mesmo nome que se emitiu pola televisión xa hai uns anos, e que me encantara. O humor absurdo e disparatado da serie fíxome pasar uns momentos moi bos, que se repetiron ao ler o orixinal.
Pero non me resultou fácil gozar coas aventuras do soldado 'idiota oficial', pois o principio me resultou pesado, quizais mediatizado pola serie, e ademais coincidiu cunha etapa de traballo constante, que me deixaba pouco tempo para a lectura. O desencanto mudou en entusiasmo cando tiven un par de fins de semana máis desocupado, que me permitiron facer lecturas prolongadas. Cando rematei as setecentas páxinas das inconclusas peripecias do 'heroe' xa pedía máis.
É unha novela sen concesións, que esnaquiza calquera vertente do politicamente correcto. Os seus protagonistas, con Svejk á cabeza, son persoas humildes, vítimas dun sistema disparatado, que sobreviven ao absurdo proporcionándose pequenos praceres aproveitando as estreitas ragañas de liberdade que lle deixa o réxime militar. Non teñen grandes pretensións, non se enganan con falsas misións transcendentais. Eles non son os 'idiotas', o 'idiota' é toda a montaxe que conduciu á loucura da guerra, da Primeira Guerra Mundial, de calquera guerra. En definitiva, un libro máis que recomendable para ler con paciencia, pero tamén con intensidade.


"El buen soldado Svejk ensinoume a miralo todo desde a perspectiva dos marxinados, dos de abaixo. E desde o punto de vista da docta ignorancia, ou sexa, apagando o brillo do intelecto e tentando ser igual ao po en que me vou a converter. O bo soldado Svejk ensinoume a preferir a vivencia ao saber puro."

Bohumil Hrabal


Heladio

Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 26-03-2009 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
La Perla
NA NOSA BIBLIOTECA


Un día Kino se levanta y hace lo que suele hacer todos los días, pero al acabar de desayunar, el y su mujer, Juana, ven como un escorpión baja hacia la cajita en donde dormía su bebe. Su mujer quedo paralizada mientras que el hombre se levanto con toda la intención de coger el escorpión entre sus manos, pero fallo. El escorpión pico al niño, atrayendo a todos los vecinos a la casa de Kino. La mujer requirió al medico pero al ver que no iba a ir, decidió llevar ella al niño junto él. El medico, por no tener dinero, se negó rotundamente a curar el bebe, por lo que los padres se tuvieron que ir.

Con la esperanza de encontrar alguna perla que les diese dinero para salvar a su bebe, Kino y Juana se fueron al mar. Para que el niño no sintiera dolor, su madre le puso un emplasto sobre la herida, su padre encontró una gran perla y cuando subió a la barca en la que se encontraban su mujer y su hijo, vio con asombro que estaba curado. Entonces se corrió la voz de que Kino encontrara la Gran Perla del Mundo, por tanto, que era rico. Todos sus vecinos, una vez mas, se apiñaron en la puerta de su casa y entonces llego el medico, que sabiendo que Kino era rico decidió curar a su hijo. Cuando el medico llego el bebe se puso otra vez enfermo pero, esta vez al borde de la muerte. El medico curo al niño reclamando el paga por los servicios. Kino le dijo que el día siguiente le pagaría porque iría y vendería su perla.

Al día siguiente, tal como prometió Kino se fue a vender su perla, pero allí tuvo un pequeño problema. La perla tenia tanto valor que los compradores no querrían pagar su precio. Para evitarlo, dijeron que la perla no tenía valor y que le pagarían un precio razonable. Kino muy enfadado se fue diciendo que se iría a venderla a la capital porque allí al menos se la comprarían por un precio justo. Al anochecer, unos hombres les asaltaron con toda la intención de robarle la perla, Kino sin querer mato a uno de ellos y a causa de eso tuvo que esconderse en la casa de su hermano. Al día siguiente copio a su familia y huyo para evitar la muerte.

Unos días después de irse y en medio del camino descubrieron que eran perseguidos por unos rastreadores y se tuvieron que esconder en una cueva. Temiendo lo peor para su familia, Kino decidió bajar de la cueva hasta don de se encontraban los rastreadores
Y matarlos a todos, pidiendo a su mujer que el niño no llorase y que ella no hiciese ruido. Tras la palabra de su mujer bajo y justo cuando iba a asaltarlos se oyó el sollozo de un bebe. A causa del ruido uno de los rastreadores se despertó, y creyendo que era un coyote disparo. Entonces Kino se abalanzo sobre los hombres matándolos a todos.

Al día siguiente Kino y su mujer volvieron a su aldea y subieron a una enorme piedra, al lado del mar, mirando hacia ella, Kino vio todas las desgracias que le habían ocurrido desde que se encontrara con la perla, y con gran desprecio la copio y la tiro para que se perdiese para siempre.



Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 19-03-2009 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Madame Bovary
NA NOSA BIBLIOTECA



O autor deste libro é Gustave Flaubert.
Pertenece ao romanticismo francés. Escribiu varias obras baseadas no sentimento romántico.A máis importante de todas elas é Madame Bovary.

É unha narraciòn bastante fluída,destaca a descripción de personas, paisaxes e sociedade do seu tempo.

A visión errada da realidade influida polo sentimento romántico leva a protagonista ao desastre persoal. Todas as persoas que viven arredor deste personaxe peculiar son arrastradas á desgraza. Podemos clasificar este libro com unha traxedia.

Emilia Monteagudo
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 04-03-2009 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
FIN DE SÉCULO EN PALESTINA
A pesar da súa xuventude, naceu en Lugo no 1965, Miguel Anxo Murado ten escrito xa máis de vinte libros. Aos 17 anos obtivo o premio Café Gijón de novela pola súa obra en castelán Metamorfosis Benezianas. A maioría da súa produción literaria componse de libros de relatos e de ensaio, aínda que tamén escribe poesía. Títulos seus son Mércores de cinza, Memoria de derribos e, máis recentemente, O soño da febre (premio da Crítica e da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2007, entre outros). Sempre me gustou ler os seus artigos en La Voz de Galicia, cheos de referencias intelixentes e esclarecedoras sobre calquera aspecto da realidade, pero cando me fixen un fervente seguidor seu foi cando lin Ruído. Relatos de guerra (Galaxia, 2005), unha serie de estarrecedores relatos ambientados na Guerra de Iugoslavia, dos que xa escribirei noutra ocasión, pero que expresan como poucas veces puiden sentir, o significado da guerra. No 2008 publicou Otra idea de Galicia (ed. Debate), onde plasma unha idea de Galica afastada dos tópicos.

Hai un ano tiven o pracer de compartir unha xornada con Miguel Anxo. Veu dar unha charla no Ciclo de Cine e Historia que organizamos os de Sinenomine. Aínda que a súa intervención no Ciclo xirou arredor da I Guerra Mundial, na longa cea posterior tivemos o privilexio de disfrutar coa súa erudición e coas súas propias experiencias en escenarios bélicos. Nesa cea nos contou algunhas das historias que agora acabo de ler no seu libro Fin de século en Palestina, editado por Galaxia no 2008 (hai outra edición en castelán, na editorial Lengua de Trapo). Por este libro recibiu o premio Anxo Casal, como mellor libro do ano da Asociación de Editores Galegos.

A lectura da crónica sobre a súa estancia en Palestina entre o 1998 e o 2002 coincidiu co remate dos bombardeos israelíes sobre Gaza e coa presenza no noso colexio de Ana Expósito, colega de Miguel Anxo, e que aparece citada no libro. Pasaron xa uns anos desde que o autor rematou a súa estancia nesa zona de guerra permanente que non semella ter solución e, sen embargo, todo o que nos conta é unha fonte magnífica de coñecemento sobre o conflito e, aínda máis, sobre as persoas que alí viven (ou sobreviven). Semella que a violencia está conxelada no odio mutuo e que os cambios son só aparentes, circunstancias, e o único que aprezamos desde hai xa décadas é unha maior capacidade destrutiva. Israel segue asoballando, bombardeando, e só cando aprezamos desde a nosa televisións que se está ?pasando? saímos a rúa. E despois, todo volve á anormalidade, menos sanguenta, pero igual de violenta, que padece a poboación palestina. Ista vida cotiá, esta capacidade que temos os humanos para resistir nas situacións máis adversas é a que nos presenta de xeito ameno, brillante e retranqueiro Miguel Anxo.

Murado chegou a Xerusalén por unha confusión da burocracia da ONU (tiña que ter ido a Mauritania) e alí permaneceu cinco anos, primeiro colaborando coa Autoridade Palestina no eido da comunicación e despois como correspondente do diario El Mundo. Foi Xefe de Comunicación da celebración de Belén 2000 que tivo como estrela a Demis Roussos (ilustrativa a visita de Aznar) e participou na organización da visita do Papa Juan Pablo II a Terra Santa, durante a etapa na que se vivíu en Palestina a ilusión da paz posterior aos Acordos de Oslo e o establecemento da frustrada Autoridade Palestina baixo o liderado de Arafat. Co estalido da Segunda Intifada despois da provocación de Sharon visitando a explanada das mesquitas (setembro do 2000) a ONU evacúa ao seu persoa e Miguel comeza a traballar como correspondente para El Mundo. Nesta segunda parte a violencia enche o libro, a ironía xa case non é posible. Bombardeos, atentados, feridos, morte, sufrimento... ata hoxe. Pero aínda así é posible a vida.

Desde esa atalaia privilexiada e cunha escritura sinxela, sen adornos, cun ton irónico pero que non chega á frialdade do cinismo, nos vai presentando ese mundo cheo de violencia e de escenas que de tan absurdas non fan sorrir. Esta maneira de narrar, de analizar as situacións máis dramáticas, xunto coa súa amplísima formación intelectual é o que máis valoro da súa obra. Amosa unha capacidade inmensa para lembrar e relacionar acontecementos e citas, sendo capaz de non caer na pedantería. Un relato autobiográfico a través do cal imos coñecendo e comprendendo, imos sentindo tenrura polas vítimas e carraxe cara os verdugos.


?Pola tarde estaba previsto que o Papa se trasladase ao campo de refuxiados de Deheishe. Desde o punto de vista político era o momento clave de toda a visita. Esperábase que o pontífice pronunciase un discurso no que amosaría a súa solidariedade co destino dos máis de catro millóns de refuxiados palestinos, a maioría dos cales esmorecía nos tristes campos do Líbano. O termo crucial era <>. (...)
Cando cheguei a Deheishe o discurso do Papa viña de rematar, mais axiña souben o que pasara. Viola, que estivera escoitando en primeira fila, veu cara a min con bágoas nos ollos.
? Non o dixo, non o dixo.
Como oficial de prensa, cumpriría o día seguinte coa miña obriga de presentar este discurso baixo a mellor luz posible. Pero alí era imposible non sentirse doído perante aquela mostra de inhumanidade. Era evidente que os refuxiados se sentían igual porque, minutos despois de que o Santo Padre abandonase Deheishe, estouparon os disturbios. Os refuxiados lanzaron seixos aos policías e estes, no canto de cargaren, lanzábanlles á súa vez os seixos aos manifestantes. A explicación deste estraño comportamento da policía era doada: os axentes de hoxe eran os manifestantes da primeira Intifada. Kamal Husseini tiña razón: os palestinos eran un pobre pobo desafortunado. Desgraciadamente, a CNN estaba alí e gravou todo cunha calidade de vídeo extraordinaria.? (pax. 156,157)


Heladio
Comentarios (2) - Categoría: Lecturas - Publicado o 24-02-2009 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Toponimia de Galicia, de Fernando Cabeza Quiles
Fernando Cabeza Aquiles abriu con este título a nova colección "Guías AZ" coa que a Editorial Galaxia quere achegar ao grande público, non só ao especializado nas diferentes materias, guías ilustradas, accesíbeis, ordenadas alfabética e tematicamente para coñecer a sociedade, a historia e a cultura do país.

En Toponimia de Galicia recolle uns 6000 nomes de lugares, apenas unha pequena parte do cuarto de millón de topónimos rexistrados en Galiza. Partindo da explicación filolóxica pero non só, o autor busca nas raíces históricas, naturais e humanas a orixe destes nomes que revelan grande parte do noso pasado colectivo e testemulan a simbiose entre o home e a terra que lle tocou habitar.

A súa disposición en guía ordenada alfabeticamente e a incorporación dun índice toponímico fan que este libro se deixe ler aos poucos, saltando de aquí a alá deixándonos levar pola curiosidade, tentando descubrir a orixe dos topónimos que nos son máis próximos ou daqueles máis chamativos e aparentemente indescifrábeis nunha xeografía na que o pobo galego foi deixando a súa pegada en milleiros de lugares até trazar unha mesta arañeira ao longo da historia. Tamén as imaxes tomadas polo propio autor axudan a situar os topónimos e fan máis atractiva e amena a súa lectura.

Podedes acceder a unha reseña da obra publicada no xornal El País premendo aquí. Na biblioteca do colexio dispoñedes dun exemplar.


Román
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 21-02-2009 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Rojo y negro, de Sthendal

A introspección do personaxe protagonista pareceume moi humana. A mente tece e destece, pero o protagonista desnuda a todos os personaxes e clases sociais.

A pesares de ser profundamente amado e gozar de protección e dunha amizade auténtica, sempre desconfía do xiro negativo que poden tomar as cousas.

Deixa tras de sí moito sufrimento, aínda que pretende ser honesto, resulta ser unha persoa hipersensible e orgullosa. Pretende gobernar a súa vida única e exclusivamente co razonamento,pero a súa experiencia familiar e o seu propio corazón xóganlle malas pasadas.


Emilia
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 18-02-2009 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz
Esta historia de Agustín Fernandez Paz trata sobre unha rapaza que colle unha enfermidade que a postra na cama durante seis meses. Na festa do seu cumpreanos, ten que estar na cama e os seus amigos regálanlle un álbum de fotos que non lle gusta. Seu pai dille que é moi bo regalo e ponse a buscar fotos para que escolla e garde as que lles guste. Ela buscou e buscou e pensou que iso era "como andar remexendo nas lembranzas"


Uxiia
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 18-02-2009 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
El pequeño vampiro, de Angela Sommer-Bodenburg
El pequeño vampiro conta a historia dun rapaz que se chama Antón. Un día, que quedou na casa só, antes de ver unha pelicula policíaca foi á cociña para coller algo de comer.. pero cando subiu ao seu cuarto a televisión estaba apagada e había un vanpiro no seu cuarto...


Juan Ramón
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 18-02-2009 15:27
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0