As Campaíñas


As Campaíñas flúen de novo
As Campaíñas comeza unha nova andaina con moita forza. Xa somos 4 pais, 14 profesores e 45 alumnos e alumnas¡¡¡ Toda unha tropa de amantes das palabras, das aventuras, da intriga, do misterio, das ilustracións, do amor, dos contos... dos soños. Gústanos ler e estamos organizados para gozar aínda máis da nosa paixón. Somos moitos e temos unha boa causa pola que loitar.

O noso centro de operacións é a Biblioteca do D. Aurelio, pero estamos dispostos a invadir outros ámbitos coas inofensivas e irresistibles armas da letra impresa. Non temos límites e somos especialistas. Cada un de nós engule as palabras que prefire do manancial das Campaíñas e empapa co seu satisfeito pracer a todos os que miran desde a orela. Hai verbas para todos os maxíns, calquera apetito é saciado nesta peripecia con infinitos finais felices.

Queres sentir? queres gozar? queres compartir? queres sorrir? queres medrar? queres divertirte? A que esperas? Aínda non es das Campaíñas? Non deixes que outros che lean a túa vida.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Dedicatoria de Manel Cráneo

O pasado xoves día 30 de abril Manel Cráneo presentou na libraría Kómic de Santiago o a súa novela gráfica Os Lobos de Moeche, ambientada durante a gran revolta irmandiña de finais do século XV. Alí tivemos e sorte de que, con gran amabilidade, nos fixera un fermoso debuxo e escribise unhas palabras para o noso clube nun exemplar da súa obra. Moitas grazas.


Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-05-2009 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Conto de Nadal en versión Disney




Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2009 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0