As Campaíñas


Sistema de puntuación do club
Os participantes no Club de Lectura irán sumando unha serie de puntos ao longo do curso segundo a súa participación nas diferentes actividades programadas. Ao final do mesmo, entregaranse uns premios aos primeiros clasificados de cada grupo, Primaria e Secundaria.

1.Cada lectura non obrigatoria dun libro (entregando a ficha de lectura): 2 puntos.
2.Asistencia as reunións quincenais: 1 punto.
3.Participación en actividades de fomento da lectura (recital de poesía, lectura en público de relatos curtos,...): 2 puntos
4.Participación en concursos literarios:
1.Por participar: 1 punto
2.Os mellores: 2 puntos
3.O primeiro premio: 4 puntos.
5.Participación en actividades de busca de relatos (lendas, contos,...): 2 puntos
6.Participación en excursións: 2 puntos
7.Outras actividades realizadas polo Club: puntuación segundo os criterios que se decidan.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2011 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
O club inicia as súas actividades no novo curso
O noso Club de lectura ponse en marcha de novo neste curso con moitas ganas de agradar e motivar na lectura, e con novidades que xa iremos dando a coñecer pouco a pouco.
A primeira delas é o cambio na coordinación do Club, xa que Eladio non sigue connosco, e o novo profesor de Historia (Jesús) é o que se fai cargo de dita coordinación. Dende aquí quero animarvos a participar.
Tamén hai cambios no horario de reunións, que serán os martes de 14.30 a 15.30 os de Secundaria, e de 15.00 a 16.00 os de Primaria, en semanas alternas. Hose é a primeira reunión de Primaria, e o vindeiro martes será a de Secundaria. Debido a que os recreos deste curso son máis curtos, non faremos reunións nos mesmos.
Entre as actividades xa planeadas temos para estoas primeiras semanas un concurso de relato breve que pretende poñer nome a nosa mascota. Como sabedes, é unha rá, por iso o relato debe ser protagonizado por unha rá nas Campaiñas. A mascota quedará có nome que teña a rá no relato gañador.
Outra actividade que propoñemos é, con motivo da cercanía do Samaín, a recollida de lendas e relatos de terror, que poden ser contados nas reunións do club e nas aulas.
Nas reunións contaranse con máis detalles estas e outras novidades.
Esperamos a vosa participación
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2011 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Fallece la escritora y pedagoga Josefina Aldecoa
Impulsora de las ideas de la Institución Libre de Enseñanza, tenía 85 años


AMELIA CASTILLA - Madrid - 16/03/2011

Josefina Aldecoa (La Robla, León, 1926) ha fallecido esta mañana en Las Magnolias, su casa próxima a Santander. La escritora, que llevaba meses retirada de la vida pública debido a su delicado estado de salud, sufrió una insuficiencia respiratoria a media mañana y falleció poco después. Tenía 85 años. Sus restos serán incinerados mañana en Santander y enterrados en la intimidad por expreso deseo de la familia.
El pasado 8 de marzo la autora de Historia de una maestra recibía la medalla de la igualdad que entrega el Ministerio de Sanidad pero su frágil salud le impidió recogerla personalmente. La escritora tenía ya casi todos los premios.
La narrativa de Josefina, una de las escritoras que mejor han reflejado la sensibilidad femenina, tuvo su punto clave con la publicación de la trilogía Mujeres de Negro y su obra Historia de una maestra, basada en parte en la vida de su madre y en la obra que realizaron los maestros en los años de la República. Este libro se ha convertido en un referente para muchos docentes y es un título habitual en las librerías españolas.
Casada con Ignacio Aldecoa (del que tomó el apellido, porque ella en realidad se apellidaba Rodríguez), la pareja formaba parte de lo que se conoció como los niños de la guerra. Gran amiga de Rafael Sánchez Ferlosio, Carmen Martín Gaite, Ana María Matute y Rafael Azcona, su narrativa se movió entre el intimismo y el costumbrismo.
Enseñanza y escritura
Durante toda su vida compatibilizó la enseñanza con la escritura. En 1959 fundó el Colegio Estilo, basado en la doctrina de la Institución Libre de Enseñanza, y en él permaneció supervisando la marcha de los alumnos hasta que la enfermedad le obligó a retirarse.
Pese al éxito literario, la escritora nunca pensó en dejar la actividad docente. Para ella la educación fue una auténtica pasión. Para los alumnos el centro era habitual verla cada mañana supervisando las clases. Además, el colegio siempre le dio libertad para hacer lo que quisiera. Su única hija, Susana Aldecoa, tomó el relevo de su madre en el colegio.

Los libros que cambiaron la vida de Josefina Aldecoa
En 2008 EL PAÍS preguntó a 100 escritores españoles qué libros cambiaron su vida. Esta fue la respuesta de Josefina Aldecoa:
1. Anna Karenina, León Tolstoi.
2. Madame Bovary, Gustave Flaubert.
3. Los papeles póstumos del club Pickwick, Charkes Dickens.
4. El Gatopardo, Giuseppe Tomasi di Lampedusa.
5. La Regenta, Leopoldo Alas Clarín.
6. Una habitación propia, Virgina Woolf.
7. La casa de la alegría, Edith Wharton.
8. Música para camaleones, Truman Capote.
9. Las nieves del Kilimanjaro, Ernest Hemingway.
10. Mi Antonia, Willa Cather.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2011 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Percorrido pola Historia da banda deseñada
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2011 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa axenda de lecturas
Os lectores e lectoras das Campaíñas contamos por fin con un instrumento eficaz para ir anotando as nosas abondosas e frutíferas lecturas. Presidida pola inefable ra que non identifica dentro podemos ir fichando e comentando os documentos que teñamos 'lido'. Porque non só falamos de libros, senón que tamén gozamos coas revistas, cos xornais e, por suposto, coas películas.
Escribiremos as nosas sensacións e recomendarémosllos a outros lectores. Contamos con 60 fichas para este ano 2011. Sería xenial que non chegasen para rexistrar todas as lecturas, o cal sería síntoma de que o tesouro das palabras é inesgotable e nos fará gozar a tope.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2011 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Perdoa se te chamo AMOR
RUTH FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ. Galicia Hoxe

Baixo ese título, Scusa ma ti chiamo amore, o filme italiano de Federico Moccia, autor da novela que recibe o mesmo nome, achegueime ao cine a semana pasada. Foi unha sesión fantástica. Unha historia sinxela e á vez marabillosa de dúas persoas distanciadas vinte anos en idade, pero que coa casualidade do seu accidentado encontro van crer no amor, como tantas parellas que en Roma atan os seus cadeados, símbolo do amor, nas farolas da ponte Milvio.

Moccia abriu a serie de novelas que teñen como protagonistas a Niki e Alessandro co libro Perdona si te llamo amor, que continúa con Perdona pero quiero casarme contigo. A primeira das súas obras foi A tres metros sobre el cielo, continuando a historia de Step e Babi en Perdona pero tengo ganas de ti. Da primeira sorprendeume o seguinte, a modo de curiosidade: foi rexeitada por diversas editoriais ata que o propio autor a publicou. Ninguén imaxinaba o tremendo éxito que viña do selo de F. Moccia, quen afirma en Perdona si te llamo amor que amar é sentirse lixeiros e libres, saber que un non pretende apropiarse do corazón do outro, "que non é teu, que non che toca por contrato". O amor debe merecerse cada día.

O filme que vin o martes pasado fíxome achegarme a este libro, que estou lendo con absoluto fervor, malia ser unha lectura xuvenil predestinada a un público maioritariamente adolescente. Iso na teoría, pois un dos seus protagonistas ten 37 anos, o que fai que sexan tamén outras xeracións ben anteriores á miña as que se acheguen ao fenómeno Moccia, sumando máis de tres milllóns de exemplares vendidos, sen contar o último libro. Seguindo unha cita incorporada no filme, traio aquí estas palabras: "o amor é coma un raio, non se sabe de onde cae ata que non caeu". Así nace unha love story contemporánea protagonizada polos actores Raoul Bova e Michela Quattrociocche, que non pasa desapercibida, dende logo, e que chegou ás nosas pantallas dous anos despois de ser estreada en Italia. Entre escena e escena Moccia deixa afirmacións que obrigan a reflexionar sobre a vida mesma: "calquera que teña amado ten unha cicatriz..." ou "cando unha historia remata, a dor, normalmente, é proporcional á beleza do amor vivido. Entón, chegan puntuais, a traizón, os recordos". Sempre coa omnipresente idea de que só hai unha cousa que teña o poder de facer cambiar a vida dunha persoa (o amor), ao longo de 680 páxinas a historia de Alex e Niki convértese tamén nun bo percorrido polos lugares emblemáticos de Roma.


NA NOSA BIBLIOTECA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2010 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
Orgullos@s do galego

Orgullos@s do galego from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.



En galego, proba e verás from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2010 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Microrelatos
María e Heladio participaron no I Concurso de MicroRelatos Vespalaconianos organizado polo Scutre Clú en colaboración coa web latri.ca, organizado co gallo da extraordinaria Festa do Lacón celebrada en Cuntis.

Estes son os dous relatos. Un deles foi o gañador, cal? Cal escribiu María e cal Heladio?

O Patrulleiro das Ondas leu o anónimo: "Se queres resolver o misterio da mosca do xamón as claves son: VESPA LACÓN'. Mirou no Jujel, todas as pistas conducían a Cuntis. Sería quen de evitar o crime?

Cando chegou, ía a pé. Ó saír -trala inxestión dunha excesiva cantidade de gasolina- pareceulle que ó vespalacón lle sairan rodas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2010 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa imaxe: o carnet

Grazas ao talento de Hortensia, a profesora de Plástica, xa temos imaxes que nos identifican.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-02-2010 01:21
# Ligazón permanente a este artigo
Pornografía infantil, non
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2009 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0