de Guizán


Caderno Dixital de Antón Tenreiro
Caderno digital de Antón de Guizán .

O meu perfil
antontenreiro@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS RATAS DE INFESTA
Moita xente de Betanzos (e de fóra) levamos anos pensando que este concello é un dos máis fermosos de Galiza, pola súa privilexiada situación xeográfica, polo ben comunicado que está a pesares da deixadez das disferentes administracións sobre todo co ferrocarril e pola súa historia e patrimonio. pero todas estas potencialidades toparon coa mediocridade dos gobernos que non souberon aproveitar tantos recursos, caendo algúns no abandono, como son o casco histórico ou o Pasatempo, outros agredidos pola nefasta ordenación urbanística, como son os dous ríos que circundan a cidade e outros absolutamente desaproveitados como é o potencial do rural, totalmente marxinado mesmo na pésima xestión do concello que vive de costas a todo canto se desenvolve no país e nin siquera sabe copiar modelos exitosos en todos eses eidos de xestión.
Pero tanta ineptitude e incapacidade despois de máis de máis de corenta anos após da dictadura cos gobernos de PSOE e PP levou a Betanzos a ter o casco histórico e patrimonio peor conservado de Galiza e con un pírrico aproveitamento en termos de turismo, cultura e tamén de rendabilidade económica, con un decrecemento poboacional en termos comparativos con outros concellos da contorna, mentras que o rural, nin ten existido.
Eu, veciño de Infesta, no Norte, dende hai varios anos, son testemuña deste feito. No cruce da estación do Norte co camiño Real levo enviado varios correos ao concelleiro de servizos para que coloquen un espello que facilite a visibilidade nun lugar con numerosa circulación pola estrada de Santiago ( onde casi ninguén respeita o límite de 50 nunha zona poboada), e neses mesmos correos solicitei que se pintara na beirarúa unha sinalización horizontal amarela que impeside aparcar vehiculos pegados ao cruce para facilitar a visión ou sinalización tamén horizontal no proprio Camiño Real que advertise do límite de 30, pois pasan coches a moita velocidade con casas habitadas a ambas marxes co camiño, As respostas foron que non se pode poñer espello porque habería que anclalo a unha vivenda privada ( como si non existira sinalización vertical para instalalos en solo público), que a estrada é de titularidade autonómica (como si o concello non puidera facer esa xestión si é necesaria para a seguridade vial) ou que no Camiño Real xa hai unha limitación nun sinal vertical ( moitas veces tapada por camións que aparcan no espazo dun establecemento de hostelaría). Neste mesmo lugar teñen deixado restos de podas un ano enteiro tiradas ao pe da calzada e son contadas as veces que limpan as cunetas. No resto da parróquia de Requián (e supoño que no conxunto do rural acontece algo semellante) a atención é nula ou deficiente. En pasados días sí teñen instalado sinais indicativas da estación do tren no cruce (duplicada con outra xa existente), o que amosa que sí é posíbel facer as cousas cando a eles lles interesa.
Pero si a esta deixadez, que non sei si chamar vagancia ou falta de interés, sumamos as nulas medidas para manter a limpeza e salubridade nas casas e fincas abandoadas, a desidia municipal comenza a ser preocupante. Algún veciño ten alertado da proliferación de ratas en algunhas casas e fincas en estado semi ruinoso mentras o concello bota balóns fóra argumentando que esas casas e fincas son privadas, mentras que esas ratas campan ás súas anchas mesmo entrando nas fincas e xardíns colindantes, e non me refiro a ratos de campo senón a roedores de grande tamaño que alí se crían.
Non ten o concello instrumentos que obriguen a tapiar esas casas ou á limpeza das fincas para manter a salubridade da zona? Non hai ferramentas legais para inspeccionar esas casas e declaralas como ruínas si fora o caso ou cando menos evitar que alí aniñen estas alimañas e manter a mínima saúde pública e os dereitos da veciñanza?
O interese xeral debe prevalecer por diante do particular cando este supón un risco para a saúde e mesmo invade os dereitos de quenes cumpren coa lei e as normas. A veciñanza non debe estar exposta á falta de motivación e deixadez de quen goberna e moito menos padecer a desprotección amparandose en escusas que ocultan incompetencia. Cando iso acontece (como é o caso), só queda o recurso da denúncia pública ou a demanda directa a outras institucións que atendan o que o concello de Betanzos descuida.
A existencia de ratas é un síntoma de falta de limpeza e de abandono perfectamente localizado, que sumado a outras evidencias desa falta de coidado reflicten a decadencia dun concello máis preocupado polos eventos e festividades que por atender e poñer en valor os seus recursos e potencialidades, que comenzan polo mantemento dos espazos e a seguridade e saúde da veciñanza.
Categoría: Xeral - Publicado o 12-04-2021 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0