Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Presentación de SERMOS GALIZA na Coruña este 22 de setembro

Este xoves 22 de setembro ás 20 horas a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda convócanos no salón de actos do seu local (Rúa dos Olmos, 16-18, 1º) para a presentación pública do proxecto SERMOS GALIZA, que visa a creación dun proxecto de comunicación integramente galego e en galego. Neste acto tomarán a palabra dos dous integrantes do grupo promotor desta nova iniciativa: Xosé Ramón Freixeiro Mato e Xurxo Souto.

Este verán tróuxonos un encadeamento de noticias relativas ao encerramento sucesivo dos escasos medios que utilizaban en exclusiva a lingua propia do país ou que lle daban unha presenza non meramente simbólica. Comezamos con A Nosa Terra, logo veu Galicia Hoxe, finalmente Xornal de Galicia, que se uniron á desaparición doutros medios anteriores como Vieiros ou A Peneira, até chegarmos ao ermo case absoluto actual, que nos fai recuar máis de un século. Face a esta lamentábel situación, produciuse un vento de esperanza coa aparición do proxecto 'Sermos Galiza', que convoca a sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para a posta en funcionamento dun semario en papel e dun diario dixital en galego que teñan a Galiza como centro da súa atención informativa. Se as persoas amantes da nosa lingua e do noso país conicidimos en que o momento é grave, debemos reaxir e apoiar este proxecto tamén economicamente, por riba das lóxicas dúbidas e reservas, pois é un proxecto vital tanto para a lingua galega como para a nación. E ten de ser igualmente un proxecto común, plural e transformador. Talvez non fiquen moitas máis oportunidades... Son horas, por tanto, de nos unirmos e de nos comprometermos nunha empresa que debe ser de todos e de todas. Logo non valerán as lamentacións nin as escusas. Ninguén o vai facer se entre todos e todas non somos quen de o facermos. De nós depende que sexa posíbel. Porque as persoas que vivimos en galego e como galegas e galegos conscientes tamén queremos ter voz. A voz que nós precisamos. A voz que a Galiza precisa.
Podedes obter máis información sobre Sermos Galiza no seu web: http://sermosgaliza.blogspot.com/
Para máis información da iniciativa, visita o seu web
Categoría: Xeral - Publicado o 21-09-2011 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0