Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Marineda City estará na "Carretera de los Baños de Arteijo", segundo decretou a alcaldía da Coruña
A Mesa pídelle a Javier Losada que "cumpra a súa palabra" sobre a galeguización "progresiva" do rueiro da cidade

A asociación en defensa do galego denuncia que o Concello segue a empregar denominacións viarias ilegais, mesmo en actos e documentos de aprobación recente

A Mesa pola Normalización Lingüística da Coruña vén de entregar unha carta por rexistro ao alcalde Javier Losada instándoo a que ?cumpra e faga cumprir? o seu compromiso público, de hai agora un ano, de introducir ?progresivamente e con naturalidade?, segundo as súas propias palabras, o galego no rueiro urbano da cidade, onde a entidade cidadá en defensa da lingua galega leva anos a denunciar a persistencia de denominacións que fan alusión a topónimos galegos castelanizados ou a deturpación sistemática dos nomes de varios barrios e lugares tradicionais.

Malia que A Mesa recoñece que hai nomes de rúas concretas, como Rianxo ou Tui, que acabaron por grafarse correctamente de acordo ?coa lei e co sentido común?, seguen aínda a persistir denominacións ?propias dos mellores tempos do franquismo? como Arteijo*, Finisterre*, Villa de Lage*, Mellid*, Puentedeume*, Orense*, Río Jallas*, Monasterio de Cines* ou Río Anllones*, entre outras.

Cuestionado por esta anomalía democrática hai agora aproximadamente un ano, logo de que a Concelleira de Normalización Lingüística Ermitas Valencia recoñecese publicamente a súa pervivencia, Javier Losada anunciaba que o rueiro da Coruña se modificaría ?progresivamente e con naturalidade?, aínda que sen concretar medidas nin prazos temporais para tales modificacións.

A Mesa da Coruña constata e lamenta que, transcorrido un ano de aquel anuncio mediático do alcalde, a situación do rueiro coruñés siga sen variar e que mesmo se ?desaproveiten oportunidades? para usar correctamente as denominacións daqueles nomes de lugar presentes no rueiro urbano que teñen como única forma legal a galega; ?oportunidades que non terían un custo económico engadido e que servirían para reingresar A Coruña na legalidade lingüística?, considera o colectivo.

Hai unhas semanas o grupo local da Mesa denunciaba que a Concellaría de Mobilidade e Transporte ignoraba a toponimia e microtoponimia propia da cidade na nova sinaléctica das paradas dos autobuses, mesmo ignorando o traballo previo realizado desde o Servizo de normalización lingüística municipal. Nesta ocasión, A Mesa lamenta que o Concello non aproveitase o cambio de numeración da Estrada dos Baños de Arteixo aprobada pola Xunta de Goberno Local o pasado mes de xullo para restaurar, a través desa resolución, o correcto topónimo galego. No canto diso, o Concello da Coruña parece optar por conservar a denominación franquista de ?Carretera de los Baños de Arteijo*.

A Mesa, que salienta o feito de nesta vía estaren situadas algunhas das máis importantes empresas asentadas na cidade, entre elas o novo centro comercial Marineda ou IKEA, lamenta ?o profundo desinterese? do Concello a respecto dos seus propios compromisos e pídelle a Javier Losada ?que non sexa preguiceiro? e que ?cumpra coa palabra dada?.
Categoría: Xeral - Publicado o 01-04-2011 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0