Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Mesa da Coruña interésase en saber se a Concellaría de Emprego usará o galego nos vinilos decorativos para os locais comerciais baleiros e en aluguer
O grupo local da Mesa pola Normalización Lingüística da Coruña vén de solicitar á Concellaría de Emprego, Empresa e Comercio información sobre se ten previsto facer algún uso do galego nos vinilos decorativos que se colocarán en locais comerciais baleiros e aluguer de diferentes rúas e zonas da cidade a proposta das asociacións de comerciantes.

O motivo de tal solicitude é que, tal e como A Mesa comprobar nas diferentes imaxes reproducidas até o momento do que serán os elementos decorativos que fan parte desta iniciativa, nin un só dos lemas ou das mensaxes informativas contidas nos vinilos aparece en galego.

A Mesa da Coruña amósase ?moi preocupada? coa constante perda de presenza da lingua galega nos espazos públicos e nas iniciativas municipais desde que Carlos Negreira é alcalde da cidade. Así, no caso concreto da área de concellarías que dirixe María Luísa Cid, a asociación cidadá en defensa do galego advirte que polo de agora ?nin unha soa das iniciativas ou propostas desenvolvidas? tivo en conta a lingua propia de Galiza e da súa Administración local.

A entidade cívica pon como exemplos desta ?desconsideración? cara ao galego e cara aos dereitos lingüísticos da cidadanía que a lingua propia do país ?brille pola súa ausencia? na campaña recentemente desenvolvida para impulsar as compras na rede de mercados municipais ou que se chegue ao ?extremo? de ?excluír? a denominación oficial de ?Concello da Coruña? dos materiais que a Concellaría está a distribuír estes días no comercio e na hostalaría con motivo das festas do Entroido, tal e como se pode constatar nos arquivos descargábeis desde a propia páxina web municipal.


Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2012 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0