Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Preséntase na Coruña o libro Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña infórmanos que esta quinta feira (xoves) 21 de outubro terá lugar a presentación do traballo, de autoría conxunta, Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo, editado en Laiovento.

No acto, que terá lugar ás 20.30 no salón de actos da agrupación (Rúa dos Olmos, 16-18, 1º), intervirán dous dos seus coautores: o xuíz Luís Villares (quen é ademais coordinador da obra) e o catedrático de dereito administrativo e actual Secretario Xeral da Universidade da Coruña Carlos Amoedo Souto. Intervirá tamén Francisco Pillado como responsábel da editora.

No traballo, tirado do prelo este pasado verán (isto é, apenas un mes e medio despois da aprobación e publicación no DOG do mal chamado Decreto para o plurilingüismo), participaron tamén outros expertos xuristas de diferentes ámbitos profesionais da Xustiza e do Dereito en Galiza, tal como a profesora da USC Alba Nogueira, os avogados Héctor López de Castro e Blanca Roura ou a xuíza Dalila Dopazo, entroutros.

Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo é unha análise do punto de vista legal sobre a norma lingüística aprobada polo executivo de Núñez Feijóo. Maxistrados, avogados e profesores universitarios especializados en diversos campos reflexionan sobre o decreto e poñen de manifesto as ?aberracións? e ?falacias? legais do citado documento.
Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2010 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0