Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Por un Dépor de Primeira en galego. Asina!
Por un Dépor en galegoHai xa algún tempo un grupo de seareiras e seareiros do Dépor idearon unha campaña para ver de lle dar un novo pulo a unha reivindicación histórica que xa no seu día formuláramos A Mesa e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, xunto co apoio dalgunhas peñas: a progresiva galeguización do Real Clube Deportivo ou, cando menos, un aumento substancial a respecto do uso que habitualmente fai do galego, practicamente nulo.

A partir do laboratorio de ideas normalizadoras en rede Galegolab ideouse unha campaña en varios pasos que xa incluíu a edición dunha folla voandeira e os primeiros contactos coas peñas deportivistas para ir sumando apoios a unha iniciativa que desde A Mesa coidamos fundamental. Non por acaso, o Dépor é unha institución fundamental da Coruña e de boa parte de Galiza, coa que se senten identificados moitos millares de persoas: unha boa parte delas galegofalantes. Alén do máis, a relevancia da súa proxección exterior contribuiría, de ser a nosa lingua normal do clube, a reforzar o prestixio do idioma, espallalo e sementar de seguro novos campos en que agromar fértil o galego.

Trátase agora de sumar apoios entre a afección deportivista, inicialmente moi receptiva á campaña, e na sociedade en xeral. Por iso vén de se pór en andamento unha campaña específica de recollida virtual de sinaturas a través da plataforma Actuable.es. Eis a ligazón: http://actuable.es/peticiones/por-depor-galego
Apoia e difunde! Entre todas e todos conseguirémolo!
Asina aquí!
Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2012 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0