Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A Mesa estará presente no Achegarte 2011 a vindeira fin de semana - A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Mesa estará presente no Achegarte 2011 a vindeira fin de semana
A Mesa contará cun stand informativo no espazo reservado para as entidades culturais do Achegarte 2011, que se desenvolverá no recinto do Palexco da Coruña durante esta vindeira fin de semana, o sábado 2 e o domingo 3 de abril.

A través deste posto, que se manterá aberto no mesmo horario xeral do Achegarte, A Mesa achegará a través de distintos materiais e soportes ás persoas asistentes o traballo que realiza ao longo de todo o ano para defender os dereitos lingüísticos en Galiza e incorporar o galego a diferentes ámbitos da sociedade.

Como sempre, aproveitaremos tamén o stand da Mesa para pór ao dispor de todo o público que nos visitar os diferentes materiais da Tenda da Mesa: http://www.amesanl.org/tenda/index.html
A venda destes materiais é un dos principais instrumentos de autofinanciamento con que conta a asociación, fundamental para podermos desenvolver moitas das nosas iniciativas.

Dentro da atractiva e completa oferta que achega o Achegarte 2011, queremos pór en destaque os diferentes foros abertos de reflexión e debate que se organizan para a presente edición, para os que xa se poden ir facendo achegas a través da rede. Un deses foros ten directamente a ver coa situación actual da nosa lingua: http://lingua.achegarte.org/
Foro de Lingua Achegarte 2011
Páxina principal do Achegarte
Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2011 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0