Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A Mesa critica que o Concello non teña en conta o galego na nova sinalización das paradas do transporte urbano - A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Mesa critica que o Concello non teña en conta o galego na nova sinalización das paradas do transporte urbano
A asociación constata tamén que se seguen deturpando nomes tradicionais da xeografía coruñesa ?como nos mellores tempos do franquismo?

?Tan ilegal é empregar La Coruña como Las Jubias ou La Zapateira?


O grupo local da Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña lamenta profundamente que o Concello ?desaproveite a oportunidade? de introducir o galego nas novas sinalizacións do transporte urbano que se están a instalar en diferentes puntos da cidade, así como de ?pór en valor e recuperar as denominacións oficiais? de diferentes zonas e barrios.

A Mesa da Coruña xa sinalou en diferentes ocasións que o ámbito do transporte público municipal é, dos moitos exemplos posíbeis, ?un territorio cen por cen desgaleguizado?, ao igual que a estación de autobuses, cuxa xestión é tamén competencia municipal.

A entidade cidadá en defensa do galego, que conta na cidade da Coruña cunha das delegacións máis numerosas de todo o país, ten proposto ?para avanzar na incorporación do uso do galego no ámbito do transporte público? aproveitar as sucesivas renovacións de elementos visuais e informativos, tanto no interior dos vehículos como nas paradas, para incoporporar o galego ?de xeito progresivo?. ?Unhas propostas que nin a Compañía de Tranvías nin a Concellaría de Transporte e Mobilidade quixeron nunca recoller?, lamenta a asociación.

Ao comprobar ?a nova oportunidade perdida? polo Concello coa instalación destes novos equipamentos nos últimos días, A Mesa contactou cos responsábeis do Servizo municipal de Normalización Lingüística para pór no seu coñecemento esta situación. Dito servizo confirmoulle á asociación que, por propia iniciativa, ofrecera o seu asesoramento á Concellaría de Transporte e Mobilidade e preparara unha relación completa das denominacións das paradas de todas as liñas que cobre a Compañía de Tranvías adaptadas á legalidade vixente, que como é sabido indica que os topónimos e microtopónimos de Galiza terán como única denominación oficial a galega. Tal relación foille enviada ao departamento que dirixe Eudoxia Neira de acordo cos prazos indicados.

Malia este traballo desenvolvido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello, A Mesa vén de constatar como na rotulaxe dos novos indicadores colocados estes días en varias paradas de diferentes liñas e en diferentes zonas da cidade os nomes de lugares e barrios con denominacións oficiais en galego ?seguen a aparecer castrapizados, como nos mellores tempos do franquismo?. A entidade cívica en defensa da lingua recórdalle ao Concello que, segundo as leis vixentes, ?tan ilegal é usar *La Coruña como *Las Jubias, *La Zapateira ou *Las Lagoas?; ?exemplos de castrapo? que para A Mesa ?non teñen sentido nin cabida na Coruña do século XXI?.


A Mesa
Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2011 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0