Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Exposición sobre toponimia galega deturpada na Casa Casares da Coruña até o 31 de decembro - A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Exposición sobre toponimia galega deturpada na Casa Casares da Coruña até o 31 de decembro
Pódese visitar estes días, até o vindeiro día 31 deste mes, a exposición TOPONIMIA GALEGA CASTELANIZADA na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña (Rúa das Padeiras, 12). O horario de visitas da Casa é de terzas feiras a sábados, de 10.30 a 14 horas e de 17.30 a 20 horas, e os domingos e feriados de 10.30 a 14 horas.

A exposición, organizada pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, é obra dun traballo colectivo ideado e desenvolvido polo profesorado e alumnado do Equipo de Normalización Lingüística do IES Rafael Puga Ramón. A través de varias ducias de imaxes e textos achégasenos unha realidade lamentabelmente frecuente: a da nosa toponimia propia e oficial burdamente deturpada e barbarizada que aínda persiste (ou mesmo aparece nova) en múltiplos espazos públicos, coa indolencia, complicidade ou mesmo o impulso, segundo os casos, das administracións públicas.

Parabenizamos ao ENL do Puga Ramón por esta súa brillante e útil iniciativa (que se complementa, ademais, cunha unidade didáctica coa que se pode traballar en Secundaria) ao tempo que temos que recordar (e denunciar) que A Coruña segue a ser con amplísima diferenza, malia os innegábeis avances dos últimos anos, a capital galega da toponimia deturpada: non só no que atinxe ao nome da cidade e do municipio, senón no referido á nosa microtoponimia tradicional, denominacións de rúas, lugares e barrios, etc. É unha batalla polo dereito á restitución da propia existencia que non podemos renunciar a dar.
Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Categoría: Xeral - Publicado o 16-12-2010 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0