Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A Mesa inicia unha colaboración estábel no espazo Recendo de CUAC FM - A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Mesa inicia unha colaboración estábel no espazo Recendo de CUAC FM
O grupo comarcal da Mesa da Coruña vén de iniciar unha colaboración estábel co programa radiofónico Recendo, unha iniciativa da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que se emite todas as terzas feiras (martes) de 19 a 20 horas a través da radio comunitaria CUAC FM, sintonizábel en toda a área coruñesa no 103.4 da FM.

A colaboración da Mesa no programa de contidos culturais, lúdicos e de actualidade social materialízase nunha sección de cinco minutos de duración intitulada O Bico da Lingua, a través da cal se reflexiona sobre un tema de actualidade relacionado coa nosa lingua propia.

Aínda que inicialmente é Fran Rei, vicepresidente da Mesa e responsábel da mesma na Coruña, quen se encarga do desenvolvemento desta nova experiencia radiofónica, ábrese ao conxunto das asociadas e asociados a posibilidade de proporen contidos concretos sobre os cales falar ou mesmo encargárense das locucións, ben de xeito habitual ben nalgún caso concreto.

Podedes escoitar os podcast de Recendo a través da ligazón: http://recendo.podcast.es/podcast.php?editor=recendo
Podscast de Recendo
Categoría: Xeral - Publicado o 16-12-2010 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0