Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Fanse 90 anos da primeira intervención oficial en galego no pleno dun concello: foi no da Coruña, da man de Lois Peña Novo - A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fanse 90 anos da primeira intervención oficial en galego no pleno dun concello: foi no da Coruña, da man de Lois Peña Novo
Cartaz homenaxe a Lois Peña Novo
A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, coa colaboración da Academia, organizan para a vindeira cuarta feira (xoves) 7 de xullo unha xornada dedicada a Lois Peña Novo, concelleiro coruñés que tivo, entre outros, o mérito de ser o primeiro edil galego en intervir na lingua do país no pleno dun concello.

Non se sabe se pode haber exemplos anteriores, mais o de Peña Novo é o primeiro caso documentado que nos consta e, grazas a el, o da Coruña o primeiro concello de Galiza en que -o que é a historia! -o galego foi empregado de maneira oficial, en 1920. Lois Peña era membro destacado da Irmandade de Amigos da Fala da Coruña.

O primeiro acto de conmemoración desta efeméride vai consistir na colocación dunha placa, promovida pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na rúa que leva o nome do noso ilustre concelleiro galeguista o 7 de xullo ás seis da tarde. Esta, desgrazadamente, non estará emprazada en Monte Alto, distrito polo que no seu día foi electo representante Peña Novo, senón no Martinete (por tras O Birloque, fronte ao tanatorio).

Xa ao día seguinte, 8 de xullo, ás 20h, o salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa dos Olmos, 16-18, 1º)acollerá unha conferencia de Manuel Roca Cendán, experto na figura de Peña Novo, so o título: "Lois Peña Novo, noventa aniversario da utilización da lingua galega oficialmente no Concello da Coruña".

A lembranza deste feito histórico para a presenza pública do noso idioma é unha oportunidade de ouro para reflexionarmos sobre a situación na que se atopa, 90 anos após a intervención institucional de Lois Peña Novo, a lingua galega na vida institucional e administrativa do noso concello e o uso real que dela se fai, fóra de anécdotas, casos illados ou exemplos meritorios.
páxina SNL do Concello da Coruña
Categoría: Xeral - Publicado o 01-07-2010 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0