Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
O 29 de xuño preséntase na Coruña "En castellano no hay problema", de Carlos Callón - A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O 29 de xuño preséntase na Coruña "En castellano no hay problema", de Carlos Callón
Esta vindeira terza feira, 29 de xuño, preséntase na cidade da Coruña o último traballo do Presidente da Mesa, Carlos Callón: En castellano no hay problema. Unha escolla chea de ironía que procura chamar á reflexión colectiva do conxunto da sociedade galega sobre a situación real da lingua de noso.

Na presentación, que terá lugar ás 8 do serán na Casa Museo Casares Quiroga (Rúa das Panadeiras ou das Padeiras, a carón do Campo da Leña), acompañarán ao autor do libro Iria Taibo, Secretaria Xeral da Mesa; o escritor e académico Manuel Rivas; e Manuel Bragado, director de Xerais, editora do libro.

En castellano no hay problema naceu concibido, en palabras de Carlos Callón, como un libro para o combate cívico, coa palabra e desde a palabra, en favor do galego, nun momento no que se multiplican os ataques e agresións -moitos deles, nunca vistos antes- e a todas e todos nos cómpren respostas e argumentos.
O blogue de Carlos Callón
Categoría: Xeral - Publicado o 23-06-2010 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0