Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Xa á venda as entradas para o macrofestival de Queremos Galego - A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xa á venda as entradas para o macrofestival de Queremos Galego
Xa están dispoñíbeis para a súa compra as entradas para o macrofestival musical de Queremos Galego que, so o nome "Música contra o decretazo", reunirá o vindeiro sábado 17 de abril no Recinto feiral de Pontevedra o mellor do noso panorama musical actual nun cartaz pensado para xuntar un público heteroxéneo na idade, nos gustos musicais e nas procedencias.

A Plataforma cidadá, con esta súa arriscada aposta, pon inicialmente 5.000 entradas á venda (1.000 máis se as primeiras se esgotaren)para un evento que tenciona ser histórico na súa calidade e dimensións artísticas, técnicas e organizativas así como no obxectivo central: demostrar que a cultura galega non está nin ensimesmada nin acomplexada. Antes ao contrario, está máis viva e comprometida que nunca e reaxe unida fronte a quen a cuestiona.

Tino Baz, Roi Casal, Uxía, A Quenlla, Fuxan os Ventos, Berrogüetto, Luar na Lubre, Os Carunchos, Ruxe Ruxe, Espido, Os Tres Trebóns, Lamatumbá ou Galegoz son só algúns dos nomes de grupos, artistas e proxectos que quixeron colaborar desinterasadamente con Queremos Galego para esta causa colectiva.

Na comarca da Coruña podedes adquirir as entradas, ao prezo de 10? (este será de 12 o propio día do concerto, na entrada do recinto), nos seguintes lugares:

Na Coruña: en Nicetrip, Libraría Sisargas, Libraría Couceiro, A Cova Céltica, O Tabuleiro, BNG, CIG, A Repichoca, Patachim, A Casa da Moura, O Alfaiate e Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

En Betanzos: na Adega O Barral (xunto aos institutos) e no Picho Carolo (nas Calexas).

En Arteixo: a través da AC Monte da Estrela (acmontedaestrela@gmail.com)

En Carral: a través da Agrupación Cultural Cultura Aberta

En Oleiros: na cafetaría Melide (xunto ao Centro de Saúde de Perillo)

En breve, haberá puntos de venda en Sada, Cambre e Culleredo
Categoría: Xeral - Publicado o 29-03-2010 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0