Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A Mesa acusa a Carlos Negreira de "actuar ilegalmente" ao deturpar o topónimo da cidade "pola porta de atrás" - A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Mesa acusa a Carlos Negreira de "actuar ilegalmente" ao deturpar o topónimo da cidade "pola porta de atrás"

Un día antes da chegada á cidade do Correlingua, a exitosa iniciativa escolar en defensa do galego que por vez primeira na súa historia se desenvolverá sen ningún tipo de colaboración institucional por parte do Concello, A Mesa denuncia que o goberno local de Carlos Negreira persiste na súa teima de ?eliminar o galego? da vida pública da Coruña e dá ?un paso máis? ao recuperar ?pola porta de atrás? o uso da denominación ilegal *La Coruña en materiais municipais.

Concretamente, a asociación cidadá en defensa da lingua vén de comprobar como o goberno local recupera a denominación ilegal de Ayuntamiento de La Coruña nos materiais editados para promocionar a Noite Branca, a iniciativa de apoio ao comercio local que se desenvolverá este 4 de maio en colaboración cos establecementos comerciais da zona centro da cidade agrupados na Área Comercial Obelisco. O Concello renunciara a empregar esa fórmula de xeito definitivo en 2006, mudándoa progresivamente ben pola denominación bilingüe co topónimo oficial ben pola denominación galega de Concello da Coruña.

A entidade cidadá recorda que xa se dirixiu por escrito por dúas veces á concelleira responsábel das políticas de promoción económica e comercio local, María Luísa Cid, para se interesar polas razóns polas que o galego fora excluído da campaña de promoción dos mercados municipais Entra y peca e da máis recente iniciativa municipal dos vinilos ornamentais para os baixos comerciais fechados e en aluguer en diferentes zonas da cidade. A Mesa lamenta que a día de hoxe o Concello non dese ningunha resposta a estas solicitudes de información e que a Concellaría de María Luísa Cid sexa ?incapaz? de amosar ?unha mínima sensibilidade lingüística? á hora de editar os seus materiais informativos.

A entidade presidida por Carlos Callón exíxelle ao alcalde Carlos Negreira que cumpra os acordos ?que el mesmo votou sendo deputado do Parlamento de Galiza? e recórdalle que a legalidade ?sistematicamente ratificada polos tribunais de xustiza? entre 1994 e 2006 non variou até hoxe, pois ?a única denominación oficial da cidade é A Coruña, a súa forma xenuína?.
Categoría: Xeral - Publicado o 03-05-2012 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0