Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Este 4 de maio non perdas o Manifesto mareante! - A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Este 4 de maio non perdas o Manifesto mareante!
Este venres 4 de maio vaise celebrar na Coruña unha festa moi especial, da man das amigas e amigos da Cova Céltica e do conxunto musical Os Tres Trebóns: o Manifesto Mareante. Trátase de reividicar A Coruña como a gran capital da lingua galega, como de feito sempre o foi ao longo da súa historia.

A festa comezará ás 9 da noite cunha ofrenda floral no monumento a Curros Enríquez dos xardíns do Recheo (no lateral do Teatro Colón), ese noso poeta nacional que, perseguido pola inquisición ideolóxica do seu tempo, achou na Coruña luz e agarimo que o levaron a se converter, indiscutibelmente, no Poeta (con maiúsculas) da cidade. Nesta pequena homenaxe inicial a Curros recuperaremos, ademais, unha tradición perdida nas nosas terras, porén moi viva aínda noutras zonas da Galiza: o canto dos maios.

Logo diso, continuará a singradura reivindicativa diante do pórtico da igrexa de Santo André, onde os gaiteiros Pedro Villarino e Brais Maceiras interpretarán musicalmente a Danza do Gremio de Mareantes da Coruña, unha xoia musical e visual que se cría perdida e cuxa memoria foi recuperada polo historiador Santiago Daviña grazas ás súas investigacións.

O Gremio de Mareantes foi a agrupación máis importante da Coruña medieval. As súas ordenanzas incluían o mandato de que corenta mariñeiros novos bailasen a danza de espadas o día do seu patrón. Esta tradición -xunto cos arquivos do gremio- perdeuse cando o pirata Drake queimou a igrexa e o hospital dos mariñeiros, a igrexa de Santo André. O historiador Santiago Daviña atopou á fin unha copia das Ordenanzas do Antigo Gremio do Mar. Foi en plena Meseta, no Arquivo Xeral da Armada, en Viso del Marqués (Ciudad Real). Un documento que se cría perdido desde o incendio de 1589, e que don Santiago recuperou, pouco antes do seu pasamento.

Xa ás 10 da noite, na Cova Céltica (Rúa do Orzán, 82), será a festa propiamente dita, coas actuacións musicais d'Os Vicentes de Elviña (conxunto residente) e d'Os Tres Trebóns. Este concerto ten tamén como finalidade animar a unha participación multitudinaria na manifestación nacional que o vindeiro día 17 de maio a plataforma cidadá Queremos Galego convoca en Santiago de Compostela.


Vémonos mañá festexando o Manifesto Mareante!
Manifesto Mareante
Categoría: Xeral - Publicado o 03-05-2012 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0