Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A Mesa exixe a dimisión ou destitución da concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández - A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Mesa exixe a dimisión ou destitución da concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández
O pasado domingo, a concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández, afirmaba nunha entrevista concedida a un medio de comunicación que a programación cultural deseñada baixo a xestión da súa antecesora no cargo, a nacionalista María Xosé Bravo, era "demasiado gallega". Sen conformarse con esa galegofóbica apreciación, engadía sen reparo ningún que "os eventos culturais deben estar feitos nunha lingua que a xente entenda". As reaccións frente a tan delirantes declaracións non tardaron en apareceren, así como a solicitude inmediata de rectificación que exixiu A Mesa.

Despois das "pseudoexplicacións" ofrecidas pola concelleira da Cultura da Coruña, A Mesa pola Normalización Lingüística deu unha conferencia de imprensa urxente na cidade.

O presidente da organización, Carlos Callón, replicou que "cos criterios de autoodio de Carlos Negreira e da súa concelleira de Cultura, todas as culturas do mundo estarían condenadas ao harakiri".

A Mesa anima a enviar correos-e reclamando o cesamento ou dimisión da concelleira, aos seguintes enderezos:

alcaldia@coruna.es

cultura@coruna.es
Categoría: Xeral - Publicado o 11-08-2011 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0