Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos na Coruña o 3 de agosto - A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


    A Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña


O sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña
Recibe a boa vinda ao pequeno sitio na rede da Mesa pola Normalización Lingüística na zona da Coruña.

A Mesa é unha plataforma cidadá independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a plena normalización da lingua galega en todos os ámbitos da socidade.

É na actualidade a principal asociación cultural de Galiza, con máis de 3.500 socias e socios, un 17% das e dos cales están nesta zona.

O meu perfil
amesadacorunha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos na Coruña o 3 de agosto
O próximo 3 de agosto (cuarta feira) ás 21 horas Carlos Callón presentará na Feira do Libro da Coruña unha nova publicación sobre lingua: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, editada por Xerais.

Neste acto de presentación acompañarán ao autor e presidente da Mesa o escritor e activista Xabier P. Docampo; o vicepresidente da Mesa e responsábel da asociación na zona da Coruña Fran Rei; e mais o editor Manuel Bragado, responsábel de Xerais.

Após o exitoso traballo En castellano no hay problema, do cal xa se levan feito perto de medio centenar de presentacións públicas en todo o país e tamén no exterior, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos surxe a xeito de "manual de auto-axuda"; de ferramenta útil con indicacións prácticas sobre como exercermos os nosos dereitos lingüísticos naqueles espazos do ámbito público e privado en que a actual lexislación (teoricamente) os garante.

Agardámoste!
Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2011 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0