acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Contemplar a extinción desde o poema

Entrevista de Manuel Xestoso para Nós Diario:

"Moitas veces facemos compartimentos estancos, como se as cousas non se tocasen. Mais cando falamos de que esas cousas desaparecen, estamos falando da nosa forma de vivir, da nosa identidade como especie na terra.Esa identidade ten a ver co uso que facemos da terra no espazo no que vivimos e, por suposto, de como nomeamos o mundo. Hai un ensaio de Antonio Gamoneda, Fonación, palabra y escritura, que defende a idea de que o mundo existe cando o nomeamos, non antes; de que primeiro é a palabra e logo, a realidade. E isto é o mesmo que di Manuel María: o idioma é a chave coa que abrimos o mundo. Por iso, por exemplo, en galego temos máis de cen palabras para nomear a chuvia. E podemos perder este espazo, esta paisaxe e esta lingua. Que é como perdernos nós mesmos”

Ler aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 16-09-2021 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
a propósito de NOTAS SOBRE A EXTINCIÓN
Recensión de Xosé Manuel Eyre Val en Ferradura en tránsito II:

"...o propio título do libro describe ben o que se atopa en Notas sobre a extinción, un itinerario non definido previamente, sobre o impacto do exterior, e maiormente da natureza, no mundo cognitivo ( e tamén afectivo ) da voz poética; e tamén un itinerrio que a voz poética propón sobre o seu evoluír poético, racional e sentimental a partir da contemplación do que a vida lle pon diante dos ollos e a conmove. Que son dúas cousas diferentes por moito que parezan a mesma."

Ler aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 16-09-2021 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Beatus Illee ou poesía moral?
"A descrición da paisaxe ... é parella á humildade da liña virxiliana que percorre a lírica galega desde as orixes."

Lectura de Inma Otero López en Sermos Galiza.
Comentarios (0) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 16-09-2021 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
A beleza aínda é posible
Recensión de Ramón Rozas en Galiciaé:

"Se algo xustifica este libro é a necesidade da poesía hoxe. A súa capacidade para xerar un ámbito de esperanza, absolutamente necesario neste tempo no que a escuridade é cada vez máis densa, envolvéndonos e someténdonos a un estado de frustración de imprevisibles consecuencias, para nós mesmos e para o noso futuro. ‘Notas sobre a extinción’ de Marta Dacosta, que xorde do prelo de Galaxia, é un fluír de poemas que, do mesmo xeito que un río, nos levan corrente abaixo para admirar unhas orelas cheas de beleza, esa beleza que aínda é posible e á que tantas veces semellamos renunciar."


Ler aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 16-09-2021 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0