O xoves 13 de setembro, Román Raña dedicaba o seu espazo no Faro da Cultura a Labirinto ou memoria:
"Se vivir é padecer, lembrar é unha tortura"
"Ao longo do volume confirmamos que o corpo é unha casa e que a súa arquitectura constrúe unha memoria, Memoria dunha nena habitada de medos e cansazo..."
"Lino dunha tirada á sombra dun bosque de faias, en Tervuren, onde no inicio do verán teño a miña sala de lectura privilexiada. Adoito definir os libros que vou lendo cun adxectivo: ... a verba que lle acae mellor ao sentimento que en min fixo acordar é conmovedor. Conmovedor polo que ten de revelador da intimidade pasada e como anticipo das marcas -algunha deles indelébeis- que a infancia deixou nesta muller, agora madura mais que leva experimentando o consolo na poesía dende a mocidade máis tenra por volta dos dezaseis anos."
Así comeza o texto co que Xavier Queipo me agasallou na presentación común dos nosos libros na Feira do libro da Coruña.