acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Colaboración con Pendellos de Agolada

Derradeiros estertores

ventás a medio fechar
de follas desgonzadas
táboas rotas contra a porta
fanada, triste
musgo desgreñado que non consegue ocultar
tellas rotas ou ausentes
fachadas con manchas que van devorando
a eternidade da pedra
coma o cancro

móbeis que son restos de fogueiras
que non calmaron o frío
anacos de leito sen descanso
estelas que se cravan
e non fan sangrar as lembranzas

aquel edificio erguido contra o mar
lugar en que xogaron á ilusión de refuxiarse
nunha oración
tan inútil coma os recordatorios que quedaron nas gabetas
deveu ruína
ferida no barrio vello
entre as ruelas en que se teceu a memoria
da fame e dos segredos

eslúese
nesa aparente somnolencia
dos derradeiros estertores

Marta Dacosta Alonso
Poema inédito-xullo de 2018
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 24-08-2018 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Labirinto ou memoria en O meu andel
Manrique Fernández fala de Labirinto ou memoria en "O meu andel"

"Marta Dacosta afirma que ?Labirinto ou memoria? é o reverso do seu anterior poemario, ?A casa da avoa?, e quizais non lle falte razón. Se naquel caso acudía á figura da súa avoa como representación simbólica da muller, e xogaba coa memoria como elemento motriz do conxunto, neste caso volve a retomar o fío das lembranzas para construir unha viaxe introspectiva a un pasado real ou imaxinado..."

"Partindo desa idea, ?Labirinto ou memoria? ben podería ser considerado como un traballo de análise sobre os condicionamentos da mente humana á hora de adentrarse nas nosas lembranzas. E en todo este proceso, lonxe de resolver dúbidas, o que o libro fai é prantexar novas preguntas".

Agradecida.
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 04-08-2018 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0