|
|
|
|
catorce poemas para des-tecer |
|
 VITAL E SILENCIOSA como a auga
que nace e sen estrépito alimenta
esa fonte imprescindíbel, era a nai
Estes versos abren o poema co que se pecha o caderno de poesía des-tecer que, ao longo de nove semanas, foi publicado nos cadernos de verán do Sermos Galiza.
Foron catorce poemas que abalaron do pasado ao presente e polos que transitaron mulleres anónimas ou con proxección histórica, como símbolos do que cómpre des-tecer. |
|
|
|
Memoria de Bóveda |
|

Este poema que titulei "Máis de corenta anos" forma parte do libro Cartafol poético para Alexandre Bóveda, publicado pola Xunta de Galicia en Espiral Maior por iniciativa de Luís Bará desde a Consellaría de Cultura. Foi no ano 2006.
A presentación realizárase en Pontevedra, no teatro Principal.
As colaboracións das e dos poetas ábrense cun poema de Manuel María que remata así:
Decretouse a nada, a morte criminal.
¡Mais a semenete agromou forte e varil
porque o sangue inocente é inmortal! |
|
|
|
|
|