|
|
|
|
15 de xullo, cortexo cívico-reivindicativo |
|
 En 1891, un 25 de maio, inaugurouse o Panteón de Galegos Ilustres co traslado dos restos de Rosalía.
En 1904 Curros realiza unha ofrenda floral ante a súa tumba.
Este poema foi publicado na revista Aires da miña terra en 1906.
Loitemos para que o Panteón sexa un lugar de uso público.
15 de xullo, cortexo cívico-reivindicativo, da Adina (Padrón) a Bonaval (Compostela) |
|
|
|
cansazo |
|
Durante meses dera en andar acelerada, non había tempo que lle chegase e adiantábase unha vez si e outra tamén. E iso que se fartou de agardar máis dunha vez, por mor de ter chegado antes da hora. Mais, aínda así, seguía indo a esa velocidade incríbel.
Porén, no último mes esmorecía antes da chegada da media noite. Un cansazo enorme inombilizábaa até que non era quen de seguir alerta e sucumbía ás tebras da noite. Todos os días, ás 23:45 h., con puntualidade case británica, apagábase, rendíase e non tiña forzas para acadar o día seguinte. Cumpría empurrala, obrigala a superar a barreira das 00:00 para que fose quen de chegar ao día seguinte.
Na última semana deixábase ir ás 23:20 e xa non había forma. Até onte.
Entón, houbo que tomar medidas drásticas.
As mans expertas do técnico de confianza destripárona. O vello corazón parado foi substituído por un novo corazón. E a pequena e vella máquina volve de novo latir ao ritmo que as miñas veas ditan, marcando cada minuto que pasa.
A vella máquina que me acompaña a cada hora, desde hai tantos anos, e que leva o meu propio ritmo, acelérase ansiosa ou sucumbe ao cansazo, incapaz de enfrontarse a un novo día.
Aseméllame en todo.
En todo.
Menos nesa diminuta batería que a impulsa.
Eu non teño quen ma cambie.
|
|
|
|
O agasallo |
|
Primeiro de nada debo dicir que estou moi agradecida a Remexer na lingua e a SNL Redondela, por se ter lembrado desta xanela cando nomearon 10 cadernos que eran para eles un blog no que "paga a pena ficar de ollo". Hai que recoñecer que unha distinción así é unha inxección de autoestima, tan necesaria algunhas veces.
Así que un saúdo afectuoso os amigos e amigas de Remexer na lingua e SNL Redondela e, agora, tarde, como fago as cousas ultimamente, cumpro coa miña encomenda. Estes son os blogs en que "paga a pena ficar de ollo":
O papasol
Milprimaveras
Caderno xeral
Beber na fonte limpa
Galiza en loita
A eira de Balixe
Casatlantica
O bló de L&M
O blog de Carlos Callón
Papiros de Hermaco
|
|
|
|
|
|
|
|
|