|
|
|
|
Contra a selectividade. Imaxinación e solidariedade |
|
?...toda ação cultural é sempre uma forma sistematizada e deliberada de ação que incide sobre a estrutura social, ora no sentido de mantê-la como está, ora no de transformá-la? (Paulo Freire)
Hoxe, cando abres unha web dedicada á docencia, podes atopar afirmacións tales como que "aprender non consiste en aprobar exames".
E é así. Sabemos perfectamente que é así, a aprendizaxe é outra cousa.
Atender, participar, axudar, colaborar, ser solidaria, responsábel, organizarse, comprometerse, ter vontade de mellorar ou aproveitar os recursos que o profesorado pon ao seu alcance son termos que dan conta perfectamente do que debe ser proceso de aprendizaxe (termos que todas e todos comprendemos facilmente e que eu prefiro a outros como "liderazgo, emprendemento ou perfil de aprendiz" cos que nos manda traballar a actual lexislación). Mais, o proceso de aprendizaxe que acabamos de describir non é avaliábel a través dos exames.
Continuar lendo en Sermos Galiza. |
|
|
|
A lingua no ensino hoxe. Unha proposta urxente |
|
?A solución potencial do problema (o uso público do galego) é cada vez máis patente, pero todo vai depender da marcha da vida política canto á participación das forzas de resisténcia.? F. Rodríguez (1991): Conflito Lingüístico e ideoloxia na Galiza, Santiago de Compostela: Ed. Laiovento, páx. 75.
?A lingua é o principal elemento diferencial a erradicar na cultura dun pobo por parte de quen está a practicar o monolingüísmo histérico dunha violencia que xa vén sendo histórica no estado español. Actuar contra a lingua é actuar de raíz contra o pobo.? Parlamento de escritoraes, Pontevedra, 15-16 marzo 2019.
O pasado 27 de abril, celebráronse as XVIII Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola CIG-Ensino e a AS-PG, unha actividade de referencia para o profesorado galego, especialmente para o profesorado de Lingua galega e Literatura. A trascencendencia desta proposta que acumula anos de achegas substanciais ao estudo da nosa lingua e literatura, pode medirse, mesmo, no número de imitacións que desde outras entidades e até a propia Administración se teñen producido.
A organización das Xornadas de Lingua deseña sempre o programa co maior coidado, procurando que sexa un punto de encontro para a difusión das mellores propostas e para o debate. Por iso este ano colocou como unha actividade central a ?Estado actual da lingua galega no ensino. Alternativas de futuro? en que participamos Mónica Pazos, Valentín García e eu mesma,
Este artigo recolle a intervención que entón realicei.
Continúa en Terra e tempo. |
|
|
|
|
|