|
|
|
Presentación de "Labirinto ou memoria" en Compostela |
|

|
|
|
|
Crónica da presentación de Labirinto ou memoria |
|
Gabriel Romero de Ávila escribou en Vigoé unha crónica da presentación de Labirinto ou memoria en Cartabón.
Moi agradecida polas súas palabras:
"Marta Dacosta presenta en Librería Cartabón «Labirinto ou memoria», o seu último poemario" |
|
|
|
EUCRÉOTE |
|
 EUCRÉOTE, Arte contra as violencias machistas, é un proxecto de Luz Beloso, executado polo seu alumnado do IES As Barxas. Trátase de ilustrar poemas de distintas autoras e autores galegos.
Daniel Verdeal e Hugo Martínez de 2º de BAC, ilustraron así o primeiro poema de Na Casa da avoa.
Agradecida. |
|
|
|
Entrevista no Chamando á terra |
|
 O 9 de xuño, María Solar, do programa Chamando á terra, entrevistoume para falar de Labirinto ou memoria.
Aquí está a entrevista:
http://www.crtvg.es/rg/destacados/chamando-a-terra-chamando-a-terra-do-dia-09-06-2018-3795374 |
|
|
|
Presentación de "Labirinto ou memoria" en Vigo |
|

|
|
|
|
I Feria do libro de poesía "Paco Souto" |
|
 No ano 2016 Labirinto ou memoria estaba rematado. Busquei editor. E atopei a Paco Souto, á fronte de Caldeirón. Lembro vivamente a noite da entrega do Premio Vitoriano Taibo en Gondomar. Paco acompañaba a Xosé Iglesias. Cando volvían ao coche para emprender camiño deille o libro.
Era novembro. Días despois respostaba.
Logo xurdíu a publicación de Na casa da avoa, e adiamos Labirinto, para que non coincidisen os dous libros no mesmo ano.
O caso é que Paco partiu e xa non puido ver este labirinto que se ancora á súa memoria imprescindíbel.
Por iso tiña que estar na I Feira do Libro de Poesía de Malpica, con Eduardo Estévez, agora mergullado na edición de Caldeirón, con Paco de Tano, termando do proxecto, con Emma Abella, memoria viva de Paco.
Alí, no mercado, rodeada dos seus, cos libros colgando do teito como froitas apetitosas, fixémolo presente, como mellor soubemos. |
|
|
|