acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Clubs de lectura con Na casa da avoa

Os días 28 e 29 de maio estou convidada a dous clubs de lectura para falarmos de Na casa da avoa.
Será o Club de lectura feminista da CIG-Vigo, o día 28, e o Club de lectura do CEIP Carlos Casares, en Vilariño, Nigrán, o 29.

Será un pracer falar de poesía e escoitar as lectoras.

Na imaxe os dous libros recentes. Na casa da avoa, editado en marzo de 2017 e Labirinto ou memoria, editado este mes. Recollen case todo, case todo o que vin escribindo desde o ano 2013. Son fillos do mesmo tempo, mais, nacidos en partos diferentes, só teñen en común a distancia, como dous irmáns que exhiben, ou non, os distintos matices de que están feitas as feridas.



Agora, eu son filla de Medea
a nena morta para o pai
(Na casa da avoa, 2017)

por iso teño o patio cheo de baldes
baldes grandes e pequenos
que fun deixando ao redor do pozo

en cada lance un balde
un retallo de memoria
(Labirinto ou memoria, 2018)
Comentarios (0) - Categoría: Na casa da avoa - Publicado o 26-05-2018 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
O mito de Penélope

Disto falaron no Club de lectura Nós tamén navegar do IES Lagoa de Antela, Xinzo, o 5 de marzo de 2009.
Comentarios (0) - Categoría: As amantes de Hamlet - Publicado o 26-05-2018 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre María Victoria Moreno

Este mércores 16 de maio, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) organiza en Vigo a presentación do caderno monográfico "De NÓS" que edita Sermos Galiza.

O volume está dedicado á autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno.

Será ás 20.30 na libraría "Cartabón" (Rúa Urzáiz, 125). Alí estaremos Antonio García Teijeiro (coautor) e eu mesmoa como coautora e representate da AELG.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2018 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Labirinto ou memoria

E xa está. Xa chegou ás librarías e mesmo á Feira do libro do Porriño.

Labirinto ou memoria, un libro que na súa propia xestación dá signficado ao seu título.

Así comeza:

PRÓLOGO

non penses que a poeta
deixou o corpo espido ante os teus ollos
que os versos son
mapas exactos

hai chagas ocultas
feridas que nunca cicatrizan

os versos son un eco
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 14-05-2018 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Recitar as cantigas de Martín Codax
Comentarios (0) - Categoría: Recitais - Publicado o 05-05-2018 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0