acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Cicatrices
Este pequeno vídeo-poema editouse para ser enviado ao vídeo-recital do Congreso internacional interdisciplinar "Poéticas e políticas do corpo na contemporaneidade", celebrado en París o 9 e 10 de abril de 2015, atendendo ao convite de Gonzalo Vázquez.

Hoxe publícoo nesta xanela, despois de o ter compartido no Obradoiro de creación literaria organizado pola Agrupación Cultural O Galo (realizado na libraría Lila de Lilith), a quen lle agradezo o convite e a oportunidade de falar dos meus pretextos.

Comentarios (0) - Categoría: Vídeo-poemas - Publicado o 31-05-2015 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de creación literaria en Compostela

Organizado pola Asociación Cultural O Galo, mañá realizarei un obradoiro de creación literaria na Libraría Lila de Lilith.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 29-05-2015 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de "Dun lago escuro" en Noia




O venres, 29 de maio, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Noia, terá lugar a presentación do libro dun lago escuro de Marta Dacosta. Premio Johán Carballeira 2013.

No acto, organizado por A Lanzadeira de Alcor e Xerais, participarán Manuel L. Rodríguez (representante de A Lanzadeira de Alcor) e Marta Dacosta.
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 29-05-2015 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Teoría da información III: 17 de maio
Maio levouse a Carme. Ela decidiu despedirse na víspera do día das letras, un derradeiro acto de rebeldía contra a imposición dun persoeiro do que non gustamos.

O 17 foi outro día para comprobarmos o estado da lingua. Sentinme aldraxada e por iso non puiden deixar de falar dese insulto. De que se empeñan en negarnos.

Querida Carme, non puiden deixar de berrar polo desprezo á nosa lingua no día en que te fuches. Por iso escribín de novo sobre o uso da información:


Teoría da información III: 17 de maio

Como se traslada a información e se constrúe a realidade a través dos medios de comunicación? O caso do 17 de maio de 2015

Hai anos que algúns tratan o 17 de maio como unha data litúrxica. Baldéirana de contido e limítanse a facer algún acto de quedabén e ala, para o ano que vén. Este ano a coincidencia coa campaña electoral, permitiunos comprobar como se comportaban os candidatos das diferentes organizacións. A algúns oímolos usar sen prexuízo a lingua de Quevedo (certamente sen ese dominio do verso), outros parece que si, parece que non, mais ao final de contas trataron o 17 coma un día máis de campaña, é dicir, pasaron da lingua e das letras e non os vimos nin de esguello nas mobilizacións promovidas por Queremos Galego. Non é que estea sorprendida, mais a min que non me veñan dicir que son tan galegos coma min porque teño a resposta preparada.

Litúrxica e rentista é a celebración do día das letras por parte da maioría dos medios de comunicación. Eu teño a vaga idea de que houbo un tempo en que nesta data os xornais publicábanse integramente en galego, mais xa dubido, porque me parece algo tan afastado no tempo que non sei se é certo, ou invención da miña memoria. O caso é que este 17, os medios de maior tirada publicaron a portada en galego, como adoitan facer, e, ao pasar a folla, volta ao de sempre. Indignante. O caso é que nada podemos agardar de medios que teñen a falta de respecto de nos traducir ao español cando falamos. Algo que foi levado ao extremo en días anteriores ao 17, cando certas axencias e xornais non só redactaron en español a nova sobre as concentracións de Queremos Galego en Vigo, senón que mesmo nos citaron a Pepe Carreiro e a quen isto escribe nunha lingua en que non falamos. Nin respecto nin de sensibilidade. Persoalmente, sentinme insultada.

Mais sentinme máis insultada aínda o propio 17. Insultada e doída.

Sucedeu que o 16 de maio faleceu a poeta Carme Kruckenberg, ela que nos deixou dito ?hai que saber onde se está?. Unha muller entregada á poesía que admirou a Castelao e sempre nos expresaba o seu apoio ás mais novas. Ela que escribía na nosa lingua desde 1956, foi despedida en español por algúns deses medios de maior tirada. O español para lembrar a unha poeta galega no día das letras galegas. E outra vez, as palabras traducidas de persoas significadas da cultura que, por suposto, en ningún caso lle responderon en español ao medio que as traduce.

E este foi o 17 de maio para algúns medios de comunicación en galego. Uns medios que dedican os seus esforzos a convencernos de que o normal non é usar o noso idioma, por iso eles non o usan.

Mais a culpa non é só deles. Tamén é da Administración que lles permite esta actitude de negación e desprezo da nosa lingua.

Por este motivo, tamén, saímos á rúa cada 17 de maio e seguimos a esixir unha mudanza radical das políticas lingüísticas desenvolvidas desde a Administración e a empresa privada.


O artigo foi publicado en Terra e tempo
Comentarios (0) - Categoría: artigos - Publicado o 29-05-2015 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
Para o 17 de maio de 2015

As rapazas do Espazo Feminista da Liga iniciaron unha campaña de visibilización das escritoras para este 17 de maio:

"Con motivo do Día das Letras Galegas, o Espazo Feminista da Liga decidimos levar a cabo unha campaña para concienciar sobre a escasa presenza de mulleres nesta homenaxe, xa sexan galardoadas (tan só tres) ou candidatas.
Queremos pór en valor a riqueza da que gozamos na literatura galega escrita por mulleres, polo que dedicaremos unha semana a recuperar estas figuras mediante a escolla dalgún verso dun poema ou un fragmento dunha obra (ou incluso frases das nosas cantautoras e artistas) pintado sobre un corpo e realizando unha fotografía.
A proposta estará aberta á participación de calquera persoa que queira enviar a súa propia imaxe e subirémolas ás redes durante a semana do 11 ao 17.
Agardamos que vos guste a nosa proposta e que sumedes a este proxecto as vosas contribucións emoticona smile"

Foi así como escolleron uns versos de As amantes de Hamlet e publicaron esta fermosa foto.

E este o texto que a acompaña:

Autora: Marta Dacosta
"Só que procuro escribir co corazón, co firme propósito de revolverlle o estómago ao que se senta fronte aos meus poemas, e que aínda teño que escribir o poema máis importante, pero non sei cando poderei facelo, porque ese, o poema comprometido co tempo en que estou a vivir e coa miña condición humana, precisa dunha voz sólida e un pulso firme."

Vigo (1966). Poeta, licenciada en filoloxía galego-portuguesa. É profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio. Moitos dos seus poemas foron publicados en revistas como "Ólisbos", "Dorna", "Festa da Palabra Silenciada", en diversas publicacións colectivas, e na exposición "Botella ao mar". Ten colaborado con diversos xornais.
Algunha das súas obras: "Crear o mar en Compostela", "Baixo Miño", "Un mar de mulleres"..."

Grazas.
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 13-05-2015 08:04
# Ligazón permanente a este artigo
En memoria de Isabel

Marilar Aleixandre lémbrame este poema, un poema escrito a partir das lendas das lavandeiras e que forma parte dun conxunto en que a literatura de tradición oral é protagonista.

Un poema para deixar pegada de que o sangue é o noso sino, desde o parto, até a morte, cada mes, cada vida.

Hoxe, non queremos conter a rabia.
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 10-05-2015 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
pasamos polo tempo

Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 10-05-2015 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0