acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Recensión de Na casa da avoa no Diario de Pontevedra e en El Progreso
Recensión de Ramón Rozas.

"ESCRIBIR DENDE un xénero excluído e dende unha lingua minorizada", é a posición asumida dende a responsabilidade da escolla feita que plantexou a inesquecíbel Begoña Caamaño ao longo da súa vida. Un compromiso que introduce, non só un dos poemas máis firmes deste poemario de Marta Dacosta Na casa da avoa (editorial Galaxia), senón que ese contrato está detrás de todo un mollo de poemas asinado dende a necesidade de facer desa voz feminina sustento da memoria, dende o familiar ata o social, dende o íntimo ata o público.
...
Unha subida ao faiado da memoria para atopar nesas gabetas abisais todo un feixe de sensacións que lembran a esa figura totémica, ao tempo que se amosa como un espello para que a muller de hoxe faga daquela forza resistencia primeiro, e despois pulo para activar, de xeito definitivo, o seu papel na sociedade en igualdade de condicións co home.
...
Non dubida a poeta en mergullar a esa figura familiar nos mitos femininos gregos, nunha continuidade chea da afouteza precisa para seguir tanteándose a si mesma. Marta Dacosta emprega como compás unha linguaxe afiada e cortante en ocasións, que noutras convértese en aloumiño sobre a pel chea de engurras.
..."
Comentarios (0) - Categoría: Na casa da avoa - Publicado o 04-04-2017 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Querido Paco

rotas as palabras
orfas elas tamén, incapaces de explicar este nó que nos afoga o estómago, mentres nos negamos á despedida
non queremos despedir o amigo. Por iso enxertamos o seu sorriso no noso corazón e regamos cos seus versos o desexo de que prenda en nós ese seu ánimo imprescindíbel
imprescindíbel
IMPRESCINDÍBEL talvez sexa a palabra que o defina. A palabra que dea a medida do amigo, o poeta, o axitador, o editor, o político, o percebeiro
o amante da nosa lingua e deste país en que deixa a semente do seu exemplo e a transformación do tempo que lle tocou vivir
hoxe é difícil converter en palabras esta dor que sentimos
esta inxustiza desapiadada que nos paralizou e só nos deixa lembrar o acougo da súa face

non sei dicir máis
hoxe non me valen as palabras

así que lle dou voz ao amigo, ao poeta
e deixo que falen os seus versos

A Emma, por suposto, e a Alva e a Lino

Mar-e-nostrum
que estás nos céus
santificado
Sexa o teu nome un acaso de lua
e no abandono das fervenzas
renasza
a esperanza dos nosos mortos (?)
Faga-se a tua vontade (?)
sexamos peixes pois
asi na terra como no céu
O pan noso
de cada dia água
de cada rosto ollo
de cada corpo
de cada espalda mar
Non deixes
Cair na tentación (?)
Fai de lume as nosas bránqueas

Amar non ten laranxas 1994, Cadernos da Escola Dramática Galega

31 de marzo de 2017. Despedida de Paco Souto en Malpica, a poucos metros do mar que tanto amou.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-04-2017 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0