acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

As pontes do rio Lethes de Florival Lança
A finais do ano pasado, Moncho Boán, quen durante tanto tempo foi responsábel de Internacional na CIG, propúxome presentar a última novela de Florival Lança en Vigo. Foi así como cheguei a esta obra, da que hoxe quero falar, porque, como dicía recentemente o poeta Miguel Anxo Mato Fondo nunha entrevista: a literatura é un espello. E engadía: "Escribir ante todo é coñecer. Non rematas de coñecer algo da túa vida ata que o escribes?. Eu, que non podo estar máis de acordo, parafraseo e digo, coñecer algo do contexto que te rodea, a túa sociedade, o teu tempo.

Cando tomamos este libro na man, comprobamos que o seu título nos remite directamente á lenda do Lima ou Limia, confundido co Leteo polos soldados romanos. E certamente o autor xoga co significado desta lenda, co esquecemento e a transmisión, coas pontes que nos permiten cruzar o río, un río en que non queremos mergullar para non esquecer, a pesar de que esa sexa a primeira intención, como así desexou nalgún momento a personaxe principal da novela.

Podes seguir lendo aquí...

Artigo publicado en Terra e Tempo
Comentarios (0) - Categoría: artigos - Publicado o 01-02-2019 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0