|
|
|
|
(1970) |
|
 Aínda lembro perfectamente o medo daquelas noites posteriores á morte do meu avó. Daquela durmía coa ventá aberta e a luz entraba e proxectaba estrañas sombras. Eu víao a el, a Aurelio Dacosta Alonso, canteiro de Matamá, que morreu de silicose despois de anos batendo pedras. |
|
|
|
(Matamá 1947) |
|
 Meu pai, sentado e sen boina. |
|
|
|
(1968) |
|
 |
|
|
|
O tema da semana |
|
Eu tamén quero falar do tema da semana. E quero comezar dicindo que, se mo permiten, quero unirme á demanda dos once escritores que tan ben nos representan e que tanto recoñecemento teñen aquén e alén das nosas fronteiras. Parecéronlle poucos ao Presidente, mais atrás deles estamos todos os demais, como declarou a AELG. E quero volver dicir que, contra o que dixo algún comentarista, o problema non está só nas valoracións pexorativas da nosa cultura, senón tamén en quen as fai, pois parten, precisamente, de quen ten como misión oficial e cometido único defender, promover, apoiar e publicitar a cultura galega.
Alguén que chega ao cargo de Conselleiro debería medir as súas palabras en asuntos que son, ademais, da súa competencia, por dignidade, para non declarar deste xeito espantoso que non está capacitado para o cargo e ademais deixar claro que ten unha moi ampla ignorancia cultural. Si porque, no ámbito literario, o cosmopolita Conselleiro non sabe moito, non só da nosa literatura, senón da do resto do mundo, xa que daquela tería claro que tan ensimesmada como di el que está a nosa cultura está a alemana que vén de ser recoñecida co premio nóbel para Herta Müller que non deixa de falar das súas orixes suabas, condicionada ante o peso da súa infancia romanesa. E que dicir de Anna Gavalda, Bruno Schulz, Nadine Gordimer, Pepetela, Jorge Amado, Arundhati Roy, Orhan Pamuk... todos eles recluídos e cohibidos no reducido mundo das rúas das súas vilas natais, ensimesmados no relato dos infortunios do seu pobo, incapaces de se abrir ao mundo e recoller ?outras experiencias?, ?tocar un repertorio internacional?.
Artigo publicado en A Nosa Terra desta semana.
Na foto, escritores e escritoras galegas ante Rosalía, o 24 de xullo de 2009. |
|
|
|
(1936) |
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|