Esta semana, as parlamentarias do Partido Popular compareceron á nosa mesa de xantar a través do telexornal para esixirlle á parlamentaria portavoz do BNG, Ana Pontón, que retirase as súas palabras. Por sorte para nós, Pontón mantivo o que dixera: ?hai moitas ?manadas?, hai ?manadas? na xustiza, hai ?manadas? na política e hai ?manadas? nas institucións?. Porque o que di Pontón dicímolo nós e berrámolo na rúa: A ?manada? é o sistema, pois cómpre evidenciar que somos vítimas da violencia institucional.
Señoras, e señores, do PP, acaso non len, escoitan, ven o que sucede? Ou non queren ler, escoitar, ver?. Son moitas as chamadas de atención que as mulleres vimos realizando para que haxa cambios substanciais que redunden na mellora da situación en que se atopan as vítimas. Vaian ás hemerotecas. Non teñen que ir moi atrás. Ou si. O tema fede, de vello (1).
E teñan en conta que, como goberno da Xunta son, daquela, responsábeis de adoptar medidas. Así que non se alporicen cando escoiten que a parlamentaria Ana Pontón di, coma moitas de nós, que ?hai moitas ?manadas?. A súa reacción só consegue pór de manifesto a súa mala conciencia, ou sexa, a conciencia de que non están a facer o que até os convenios internacionais recollen desde hai anos e, iso, convérteos en parte do problema.
E o problema é este: en 2017, 52.200 mulleres foron vítimas de violencia de xénero. Cada día foron asasinadas cento trinta e sete. 137 cada día. Cada hora producíronse seis feminicidios. 6 feminicidios cada hora. Son datos da ONU. En todo o mundo. Cal será a realidades cando estas son as estatísticas oficiais? Porque estas estatísticas non lembran a Javier nin a Pablo, nenos asasinados polos seus pais, vítimas mortais da violencia institucional que esqueceu que se é un maltratador non é un bo pai, como dicía este vinte e cinco a campaña do concello de Pontevedra.
No Estado español hai outra media arrepiante: mil mulleres violadas cada ano, tres cada día. 3 mulleres cada día. Son datos do Ministerio do interior. Datos oficiais. E as violacións e agresións que non chegan a ser denunciadas, cantas serán? E por que non denuncian? Saben a resposta, porque despois da violación vén a violencia, a violencia institucional.
Escribo e sinto a miña propia frustración. Sei que estou a repetirme. Levo desde 2013 tratando este tema nun e noutro artigo.
Continuar lendo en
www.terraetempo.gal.