acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

2018: Labirinto ou memoria
2018: Labirinto ou memoria

Labirinto ou memoria. Publícase en 2018.

No ano 2016 Labirinto ou memoria estaba rematado. Busquei editor e atopei a Paco Souto, á fronte de Caldeirón. Lembro vivamente a noite da entrega do Premio Vitoriano Taibo en Gondomar. Paco acompañaba a Xosé Iglesias. Cando volvían ao coche para emprender camiño deille o libro.
Era novembro. Días despois respostaba.
Logo xurdíu a publicación de Na casa da avoa, e adiamos Labirinto, para que non coincidisen os dous libros no mesmo ano.
O caso é que Paco partiu e xa non puido ver este labirinto que se ancora á súa memoria imprescindíbel.
Por iso tiña que estar na I Feira do Libro de Poesía de Malpica, con Eduardo Estévez, agora mergullado na edición de Caldeirón, con Paco de Tano, termando do proxecto, con Emma Abella, memoria viva de Paco.
Alí, no mercado, rodeada dos seus, cos libros colgando do teito como froitas apetitosas, fixémolo presente, como mellor soubemos.

"Os textos deste libro viran arredor dos camiños da memoria e da necesidade de comprender os elementos como elos dun proceso sen fin, que ten moito de literario, máis tamén de profundamente humano. As conexións que establecemos con determinados sons, olores, situacións ou obxectos son aquelas que determinan o noso comportamento.", Palabra de Gatsby

"Partindo desa idea, ?Labirinto ou memoria? ben podería ser considerado como un traballo de análise sobre os condicionamentos da mente humana á hora de adentrarse nas nosas lembranzas. E en todo este proceso, lonxe de resolver dúbidas, o que o libro fai é prantexar novas preguntas". Manrique Fernández

“a verba que lle acae mellor ao sentimento que en min fixo acordar é conmovedor. Conmovedor polo que ten de revelador da intimidade pasada e como anticipo das marcas -algunha deles indelébeis- que a infancia deixou nesta muller, agora madura mais que leva experimentando o consolo na poesía dende a mocidade máis tenra por volta dos dezaseis anos.", Xabier Queipo.

"Ao longo do volume confirmamos que o corpo é unha casa e que a súa arquitectura constrúe unha memoria, Memoria dunha nena habitada de medos e cansazo..." Román Raña

"Marta Dacosta entréganos un poemario de esmerado tratamento formal exquisita pertinecia e puntualidade das estratexias técnicas e fonda reflexión en canto aos diversos aspectos do tema que trata, tanto en poemas breves, que os hai, coma nos máis longos." Xosé Manuel Eiré.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0