5º mellor libro de poesía para as e os lectores de Fervenzas Literarias.
Finalista da Gala do Libro galego ao mellor libro de poesía de 2017.
Recomendado entre os dez autores/as galegos que hai que coñecer, por Librotea, El país.
Entre as mellores lecturas de 2017 para Lecturafilia.
Libro recomendado por
Palabra de Gatsby.
Libro recomendado no Criticalia de abril.
Libro máis vendido en maio de 2017, segundo o taboleiro do libro galego.
"Unha subida ao faiado da memoria para atopar nesas gabetas abisais todo un feixe de sensacións que lembran a esa figura totémica, ao tempo que se amosa como un espello para que a muller de hoxe faga daquela forza resistencia primeiro, e despois pulo para activar, de xeito definitivo, o seu papel na sociedade en igualdade de condicións co home.", Ramón Rozas, Diario de Pontevedra e El progreso.
"A poeta xoga nos seus versos coa realidade ao falarnos de personaxes reais, como a súa propia avoa (que, dalgún xeito, representa as avoas de todos nós), e misturalos con personaxes literarias, históricas ou mitolóxicas", Manrique Fernández, O meu andel.
"Dende o interior do rocho, Dacosta leva aturuxando a historia persoal e colectiva das mulleres dun xeito que nos fai sentir case coas mans cada palabra.", María Reimóndez, A sega.
"Os poemas de Marta son un combate continuo, e son de obrigada lectura para que o mundo non se aletargue, para que sigamos loitando contra todo o que se nos impuxo e que en realidade non nos identifica: unha loita contra o silencio, contra a violencia, contra ser alguén diferente?" Tensy Gesteira, Lecturafilia.
"Os seus versos dialogan con frecuencia co mundo icónico de autores decoñecidos ou coñecidos, como caso de Maurice MacGonigal, Ruth Matilda Anderson, María Calderelly, Millais, Henrietta Rae ou Luís Seoane, autoras e autores que reflectiron o mundo das mulleres e/ou foron rupturistas con respecto á arte da súa época...
A avoa representa a loita xorda contra a invisibilidade, a foza de traballo e de tesón,...", Xosé Manuel Eyré, Ferradura en tránsito.
"Un berro, esteticamente brillante, contra a dominación da muller a través dunha voz que reclama outra ollada, sempre belixerante e combativa, a ese ?tecer e destecer? tan citado neste libro que, por fin, reencontrei.", Ramón Nicolás, O caderno da crítica.
Recensións, presentacións, poemas...