|
|
|
|
2003: As amantes de Hamlet |
|

Desta volta non houbo ningún certame. Publicouno Espiral Maior e a ilustración da portada volve ser de Tokio.
Reseñas de: Teresa Seara, Vicente Araguas ou F. X. Paradelo.
"Cambiando un pouco o rumbo das súas anteriores obras, a autora ofrece unha visión desmitificadora e desubicadora da muller como colectivo, representada en mitos tirados da tradición que adquiren a súa importancia non como personaxes, mais como roles aos que involuntariamente son encadeados por unha sociedade pouco disposta a aceptar a mudanza e recoñecer a importancia evidente dun elemento social infravalorado ou acoutado nas súas funcións. Hamlet como presenza anecdótica, sen acción que o xustifique fronte á épica dun xénero capaz de evolucionar de seu e en loita constante. Respira a obra dunha insubmisión declarada que se transmite nun estilo transparente por sincero." Blanca-Aan Roig Rechou (dir.), Informe de literatura 2003, CIRP.
Estes foron os primeiros poemas dos que xermolou o libro:
(das mulleres espidas)
I
levamos os cabelos extremadamente longos
e os corpos espidos
os pés descalzos feridos pola area
lévannos ao mar
imperturbable
nunca nos ven os rostros
só imaxinan a auga, tamén, nos nosos ollos
os cabelos ao vento, bandeiras desatadas
cando xa non hai nada
entre a escuma e a carne
quedarán os poemas
os poemas atroces das amantes de Hamlet
II
cantas pedras para este muro inmenso
para este camiño, para a casa
a casa que abriremos ás mulleres espidas
que chegarán do mar na procura da árbore
e a fonte
gardamos a calor e gardamos a fonte
a laranxeira terma dos seus froitos dourados
é o noso deber para un tempo sen deuses
que nunca foi o noso
como sinal levamos o sexo descuberto
os peitos e os cabelos ao vento que nos fere
e agardamos pacientes
o seu paso de auga á nosa casa aberta.
Rencesións, presentacións, poemas...
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
gustounos moito este poema,
temos ganas de leer o libro enteiro.
Unha aperta. |
|
|
Comentario por coleGas das palaBras (16-02-2009 15:19) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|