acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

bio-bibliografía
Marta Dacosta Alonso (Vigo, 1966).

Obra poética:
o Crear o mar en Compostela, 1994, Deputación de Lugo. Reedición: 2004, Concellería de Cultura de Compostela.
o Pel de ameixa, 1996, Deputación Provincial da Coruña
o Setembro, 1998, Galaxia.
o En atalaia alerta, 2000.
o As Amantes de Hamlet, 2003, Edicións Espiral Maior.
o Cinsa, 2009, http://www.blogoteca.com/acuatica07/. Reedición: 2015, Instituto de Estudos Miñoranos.
o Acuática alma, 2011, Edicións Espiral Maior
o Argola, 2013, O Figurante edicións.
o dun lago escuro, 2014, Edicións Xerais.
o des-tecer, 2015, Cadernos de verán. Sermos Galiza.
o Na casa da avoa, 2017, Galaxia.
o Labirinto ou memoria, 2018, Editorial Caldeirón.

Premios recibidos:
? Poesía xuvenil do xornal A Peneira 1987
? 3º premio Rosalía Castro, A.C. Rosalía Castro de Cornellá, c. 1992
? accésit do Fermín Bouza Brey 1993
? Asociación Cultural O Grelo 1993
? González Garcés 1995
? Martín Códax 1998
? accésit do Esquío 1999
? Figurante 2013
? Joham Carballeira 2013


Licenciada en filoloxía galego-portuguesa.

A súa obra foi recollida en
- Revistas como Olisbos, Dorna, Festa da palabra silenciada
- Publicacións colectivas: Intifada, oferenda dos poetas galegos a Palestina, 8 e méio de Edicións do Dragón, O entrelazado das palabras; Negra Sombra, intervención poética contra a marea negra; Alma de beiramar; Sempre Mar e na exposición Botella ao mar.
- Antoloxías: Para saír do século, nova proposta poética, de Ed. Xerais, dEfecto 2000, de Letras de Cal, Novas Voces da Poesía Galega, do Consello da Cultura Galega, A poesía contemporánea a partir de 1975, antoloxía, da colección A Nosa Literatura, Ed. A Nosa Terra, 25 anos de poesía galega 1975-2000, da Biblioteca 120, La Voz de Galicia, Antología de Joven Poesía Gallega do portal de arte e cultura www.enfocarte.com ou Poetes gallecs d'avuí.

Colabora como articulista con diferentes medios de comunicación.

Páxina no espazo da AELG: http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/marta-dacosta

Cando era pequena, adoitaba pórme á xanela da cociña subida enriba dun tallo. Pasaba horas e horas cantando, cantando naquela ventá que daba ao camiño. Hoxe, abro esta xanela para deixar nela as palabras que me van ocupando. Saúdovos e agardo que, de cando en vez, poida vervos pasar por este camiño.


Medran as membranas interdixitais
das miñas mans palmípedas,
as miñas pernas únense,
seguindo o movemento que o corpo gardou
na memoria do caos.
Non fondo da gorxa
o osíxeno aboia na boca fechada,
pequenas burbullas de osíxeno
que aínda alimentan os cabelos de argazo,
himantalias finísimas coma serpes
na beleza de Medusa.
O meu corpo desprázase horizontalmente,
coa ondulación herdada na orixe do mar,
por entre este outono líquido,
observando o regreso do caos,
a verticalidade da auga sobre a noite
para desfacer todo o que construímos,
para desfacernos, destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Son altura e refuxio, son alento ancestral
para a atmosfera líquida
que hoxe nos envolve.
Precipítome ao val,
lanzo este corpo de chuvia sobre o río furioso
para anegar muíños e pontes,
recuperar a terra nunca construída,
para desfacernos, destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Corpo de río para buscar o mar,
alma de chuvia para medrar con forza,
con rabia ancestral e azul
deste mundo que xira e xira e xira
translacióninfinitamenteeterna
translación infinita da auga.

Médranme as membranas interdixitais,
desaparece a cadeira dolorida
e a columna alóngase e lembra
o movemento orixinal do mundo.
Cabelo himantalia elongata ou correa
porque a chuvia é río, é mar,
é sal, é vida
azul en movemento.
Vida que me destrúe e destrúe
destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Vida que nos dá vida, que atrapa a vida
para a nosa alma de mar e area,
musgo e pedra, terra e fento,
cágado e ova,
lama e seixo
destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
acuatica07@gmail.com
http://www.blogoteca.com/acuatica07/
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0