|
|
|
|
que as horas nos delatan |
|
Agárdame na dor,
contra os meus peitos fríos,
contra o tremor da pel na distancia acabada.
O estómago afogado no seu nervo de seda.
Achegarse,
afastarse,
rozar o aire que envolve o outro corpo,
o teu corpo,
mentres a pel denuncia o frío
que nos une,
o desexo agachado na distancia prudente,
odiada
e desexada.
O témpano do peito,
tacto que non entendo,
alento que me rouba,
fogueira que nos ollos desata unha treboada,
un pranto inexplicábel,
non foi unha batalla.
As mans saltan o espazo
e a distancia remata
na brancura do frío,
na boca apresurada.
Agárdame na dor
que as horas nos delatan.
Outro poema publicado en Serta.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|