acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Impresionante
Todos os informativos da Radio e da Televisión galegas abren falando da Cidade da Cultura. Unha e outra vez insisten na grandiosidade dos edificios e, sobre todo, na unanimidade dos visitantes que declaran sentirse impresionados ante o espectáculo arquitectónico. Incúlcannos que os centos de visitantes que a obra tivo nos seus escasos días de apertura ao público se mostraron marabillados e desde o momento en que a entrada foi libre a xente correu outeiro arriba para comprobar polos seus ollos a importancia da obra. Nas imaxes da televisión só conseguimos albiscar enormes paredes brancas e os andeis do arquivo. Mais despois de oír as reiteradas mensaxes imaxinamos milleiros de homes e mulleres embelecados e risoños ante a nova ?catedral?. Impresionante.

O día 11 do ano 11 do segundo milenio da nosa era inaugurouse unha cidade sobre un outeiro e para iso foron convocados os representantes da coroa española, facendo coincidir o acto co 800º aniversario da consagración da catedral. Nada quedou ao azar e a data e os encargados da inauguración envían a mensaxe certa: monarquía, catolicismo. O home que deseñou a cidade fachendea de que o produto final superase a obra que el imaxinara e asegúralle ao ex ministro de Franco que verán rematado o seu soño. Impresionante.

O certo é que estamos ante un alarde de propaganda, outra vez. A presenza dos príncipes españois e do arquitecto americano trasladan unha imaxe positiva dun proxecto que recibiu duras e constantes críticas. Hai esa mensaxe subliminar perenne de que a obra é magnífica e os que critican non saben do que falan e son os de sempre... agora vai parecer que a obra era necesaria, porque acabado o Xacobeo, esta mole de formigón vai ser o destino das novas peregrinacións que o presidente anuncia. Impresionante.

Algún día camiñarei até os impresionantes edificios do outeiro, para comprobar por min mesma se a alma do meu pobo cabe entre as súas paredes, se aqueles que visiten a obra arquitectónica sairán cara a Compostela sabendo un pouco máis do que significamos, de quen somos os galegos e cales son as nosas obras, cales foron os homes e as mulleres que abriron as nosas mentes e puxeron a Galiza no mesmo centro do universo, se sobre o seu chan pode estar o obradoiro da nosa creatividade incansábel. Sentirei que nesa dimensión esta cidade é impresionante e é miña?


Artigo publicado en A Nosa Terra.
Comentarios (0) - Categoría: artigos - Publicado o 18-01-2011 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0