|
|
|
|
Remata o ano de Novoneyra |
|
(Uxío Novoneyra)
I
Chovía mansamente en todos os camiños
eidos do Caurel, rúas de Compostela,
chovía cunha anguria indescifrable,
orando a letanía dos adeuses.
Quen sempre nos acompaña citouno a aquela hora,
a que fora augurada en incerteza
e levouno en silencio.
II
Dicir: "morreu" é moito,
é unha conversa enteira,
un día enteiro de palabras cruzadas.
Non hai máis que dicir,
tan só gardar silencio
silencio
silencio
enchernos dos seus versos
Hai moito tempo escribín este poema, a miña memoria di que pouco despois do pasamento do poeta. A imaxe é a pedra chantada no Caurel o día da homenaxe póstuma ao escritor na súa terra. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|