|
|
|
|
Os papeis do vagabundo |
|
Outro dos libros que chegaba nesa remesa de Espiral Maior era Os papeis do vagabundo de Rivadulla Corcón. Foi outro dos que me gustou, especialmente polo seu pretexto. O libro arrinca cun fermoso texto en prosa, empregando o recurso do manuscrito achado, aquí convertido no legado dun feixe de poemas nunha caixa de lata, herdanza da muller dun desaparecido tras a guerra.
Os poemas eran a moeda coa que un vagabundo pagaba os cafés que ela lle servía no bar en que traballaba.
Ante este inicio prendín rapidamente na lectura dos poemas, poemas de amor dun vagabundo ou náufrago que constrúe unha balsa non para fuxir da illa, senón para penetrar na soidade do mar e sandar as súas feridas de vencido.
O poema ?É chicoria? sérvenos para ilustrar o libro:
É chicoria
Non é café, é chicoria
pero todos chamámoslle café.
É vida isto ao que chamamos así?
O que bebemos
aínda que lle chamemos café
sabemos que é chicoria.
Pero non sabemos
que é isto que vivimos
que non é vida.
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Un tema moi coruñes. En Coruña chmábase café a chicoria #blgtk08#e chocalatea a cascarillla. A felicidade está na mente. |
|
|
Comentario por Loli (25-12-2010 19:20) |
|
|
2 |
Érache a fame que facía ver café onde só había chico#blgtk08#ria e chocolate onde só se daba feito cascarilla... |
|
|
Comentario por Acuática (25-12-2010 21:35) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|