|
|
|
|
Un mar de mulleres |
|
 En setembro estaba ilusionada e preocupada a un tempo. Ilusionada porque quería levar adiante dous proxectos que me acababan de propoñer e preocupada porque o tempo nunca chega e sentía como me subía a auga ao pescozo. Mais foi. Un daqueles proxectos viu xa a luz e, de feito, foi presentado publicamente o pasado venres día 3 de decembro en Baiona. Aí estou con Paula Pérez, a responsábel das fotografías e do vídeo, nese acto de presentación do proxecto Un mar de mulleres, consistente nunha exposición, un vídeo e un pequeno libriño, promovido polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo- A Guarda e co que se quería poñer en valor o traballo das mulleres no mar. Son 14 entrevistas a 14 mulleres. A min, Luz Santos, xerenta de Astropenta, a empresa que realizou o proxecto, pediume que escribise sobre estas mulleres, dalgún xeito que fixese un retrato en palabras de cada unha delas. Encantoume a proposta, que foi un reto porque debía escribir textos en que predominase o referencial, sintetizando a biografía destas mariñeiras, mais non só, queríase tamén que a palabra literaria impregnase esas biografías. Por tanto tiven que equilibrar o referencial e o literario e tivo as súas dificultades.
O proxecto paréceme moi interesante. Porque cómpre seguir visibilizando o traballo das mulleres para romper cos tópicos e o teito de cristal.
Eis o primeiro texto do libriño (porque é un libro de formato pequeno), unha introdución a cada un dos retratos por palabras destas mulleres incríbeis.
?Sen elas non existiría o mar. Ese mar que golpea as rochas converténdoas en piñas de percebes saborosos, ese mar que acariña a area mentres medran croques e ameixas, ese mar que nunca é tan escuro que non mostre as nasas afundidas. Rosana, Eva, Rosana, Elisa, Begoña, Mª Alicia, Consuelo, Carmen, Mercedes, Ana Belén, Silvia, Guillermina, Carmen e Concepción son as penélopes de hoxe, as mulleres que non se resisten a agardar sen máis e que, mentres o mariñeiro non regresa, deseñan as súas propias cartas de navegación, dispostas a levar o leme do futuro. O salitre curtiu esa sabedoría súa, saben que poden e por tanto queren. Queren manter os seus oficios, loitar porque melloren as condicións en que os desenvolven, loitar por un medio que siga alimentando a produtividade do mar. Saben que poden e por tanto reclaman o lugar que lles corresponde, no traballo e na organización. Porque poden e o saben.?
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
sen elas non existirían #blgtk08#tantas cousas...
|
|
|
Comentario por Hermaco (16-12-2010 21:07) |
|
|
2 |
Certo, e cómpre#blgtk08# visibilizalas. |
|
|
Comentario por Acuática (18-12-2010 11:15) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|