|
|
|
|
Neve |
|
Entre a última remesa de libros de Espiral Maior, chegou Neve, o último poemario de Lucía Novas, merecedor do XIII Premio de poesía Johan Carballeira.
Ao principio reparei na delicadeza dos poemas, que ían construíndo a imaxe dun xardín nevado, o anuncio do inverno
As flores das maceiras a caer no estanque
A brancura
do vento
e reparei no aspecto formal duns poemas en que as enumeracións e os encabalgamentos abruptos nos situaban na rapidez con que o tempo pasa e nos impide gozar de cada momento, o tópico do tempus fugit expresado polo contraste entre unha linguaxe requintada de campos semánticos da exuberancia vexetal, da beleza dos xardíns, e este rápido avanzar dos versos. Considerei que estabamos ante unha poesía de inspiración oriental, que entroncaba coa liña culturalista dos 80
candeas luminosas, das maceiras niponas
A neve, pasado o inverno, comezou derreter e apareceu a auga, semente de vida
Renacen as rosas nos cantís
...
A auga silenciosa.
As canles.
As flores branquísimas
voan
levadas polo vento
E entón apareceu o cazador
o arco
tensado
(a garza alza as súas ás sobre as árbores
Escuras ?o tempo que foxe):
A contraposición entre o ser, humano?, que destrúe o tempo co seu arco, coa súa ansia de ferir e as garzas, os corzos, o grou
Esgazou o corazón da neve
O sangue
salferiu a brancura.
E conectándonos agora co universo simbólico da nosa poesía medieval, volvemos atoparnos cun tempo que foxe inexorabelmente e destrúe a propia vida. O branco e a cor do sangue son as cores que desde Neve nos falan deste paso do tempo.
Esta foi a miña chave de lectura e gustei moito do libro. Moito. Con seguridade hai outras mensaxes no texto, sempre a poesía pode ser plurisignificativa e este libro de Lucía Novas éo. Gocei da viaxe a través do paso do tempo que a autora nos propón e digo que hai unha simbiose lúcida entre a forma e o contido: o conxunto do libro é a mensaxe.
Lédeo.
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Creo que esta reseña é exactam#blgtk08#ente o que eu andaba a buscar! |
|
|
Comentario por O papasol (23-12-2010 14:18) |
|
|
2 |
Alégrome.
#blgtk08#Un saúdo papasol. |
|
|
Comentario por Acuática (23-12-2010 17:12) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|