acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

memoria histórica en Nigrán
Onte asistimos a un acto de dignidade, un acto de restauración da memoria, cumpriuse o desexo de Ulpiano, o fillo máis novo de Joaquín Iglesias, concelleiro de Nigrán asasinado en 1937 de tres disparos, enterrado nunha fosa do Rosal, no lugar de San Xián.

Foi en Nigrán, no salón de plenos en que un día, 74 anos antes, representara aos seus veciños de San Pedro.

As lágrimas de Ulpiano, eran tamén as nosas propias lágrimas pola aldraxe sufrida, polo medo e o silencio de todos estes anos.

Onte, no mesmo cemiterio de San Pedro, enterraban tamén a Fernández del Riego, que dalgún xeito, tamén estivo presente no acto do concello, pois el tamén sufriu as consecuencias daquel golpe de estado e da guerra.

A casualidade quixo que onte, as súas respectivas familias, os despedisen a un tempo, nun mesmo lugar.

Noutro cemiterio do concello, no do Ceán, enterrábanse os mortos doutro desaparecido, un home novo, que non puido ser identificado. Nalgún lugar do mundo, unha nai, unha muller ou unha filla choraron a un home do que nunca nada máis souberon, tal vez este home sen nome que agora descansará para sempre no cemiterio que coñecemos porque acolle os restos de Casares.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-11-2010 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0