acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Mulleres redondelás
Foto do Faro de VigoAlexandra Kollontai escribiu en As bases sociais da cuestión da muller, 1909, : ?? onde acaba a escravitude familiar oficial legalizada empeza o que se chama ?Opinión pública?. Esta opinión pública é creada e mantida pola burguesía co fin de protexer ?a institución sagrada da propiedade?.

Recollín esta cita para a presentación do libro Mulleres redondelás, de próxima publicación, que realizamos o día 19 no Multiusos de Redondela. O acto foi organizado pola Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade de Redondela, que será tamén a encargada da publicación.

Viñan a conto, porque neste libro, nas páxinas dedicadas a Ernestina Elena Otero Sestelo, di: ?Foi desprezada moitas veces na súa vila. Adoitaban alcumala como ?señorita do A,E,I,O,U?, feito que manifestaba as dificultades coas que se tivo que enfrontar unha moza da súa época: primeiro por exercer un rol diferente ao marcado pola sociedade e destinado para as mulleres, e segundo por ter as inquietudes que ela tiña sobre a educación e a cultura. Porén, ela sempre animou as mozas da vila, dándolles clase para saír do mundo da ignorancia e do escurantismo, promovendo unha auténtica revolución cultural en Redondela.?

Unha mostra máis de que a sociedade patriarcal procurou sempre dotarse dos recursos necesarios para manter sometida á muller, moi especilamente cando tiña ideas políticas e obxectivos, como Ernestina Otero, mestra republicana que aplicou os seus ideais á docencia.

No acto falei tamén dos acontecementos que sucederon o 25 de novembro de 1960 e polos que hoxe conmemoramos o día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Porque en todos os casos falaba de mulleres contra as que se exerceu a violencia polo seu compromiso, en Redondela tamén.

(foto da manifestación contra a violencia de xénero en Vigo, o día 25 de novembro)
Comentarios (0) - Categoría: A muller que le - Publicado o 28-11-2010 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0